Londres acolle unha presentación da iniciativa Celtic Spain Golf&Wellness

ACTIVIDADES

Londres acolle unha presentación da iniciativa Celtic Spain Golf&Wellness

Representantes das empresas galegas impulsoras deste proxecto, que ten por obxectivo a captación do golfista británico cara ao destino galego, mantiveron un encontro de traballo en Reino Unido con empresarios de golf londinenses

O Centro Galego de Londres acolleu un encontro de traballo entre empresarios galegos e responsables de 8 campos de golf londinienses co obxectivo de presentarlles a iniciativa CELTIC SPAIN GOLF&WELLNESS, creada co obxectivo de dar a coñecer Galicia no mercado británico como destino perfecto para o goce dun paquete combinado de práctica do golf, termalismo e gastronomía. Ao longo de tres días de estancia os empresarios galegos tiveron oportunidade de coñecer mellor as instalacións dos 8 clubs de golf londinienses Stockley Park Golf Club, Finchley Golf Club, Ealing Golf Club, Wycombe Heights Golf Club, Century Golf, Sudbury golf Club, Indian Golf Society e Club Español de Golf mentres que o último día da misión comercial estivo destino á presentación da iniciativa Celtic Spain Golf&Wellness.

Dita presentación estivo presidida por Nicolás Miño, presidente do Centro Galego de Londres e os relatorios foron impartidas por María Sanzol, directora comercial de Abramar Viaxes; Simón Villamayor, representante do Real Aeroclub de Santiago e Javier da Porca, secretario xeral de Galicia Destino Golf.

Sanzol foi a encargada de situar Galicia, dentro de Europa e España, así como descubrirlles aos asistentes un destino de golf e saúde diferente que combina a práctica deste deporte cos beneficios que pode achegar os balnearios aos golfistas e os seus acompañantes. Con especial fincapé na oportunidade que brinda ter voos directos a Londres desde os 3 aeroportos galegos, a representante de Abramar destacou a gastronomía galega e os paquetes turísticos combinando golf con hoteis/balnearios que se atopan dentro da iniciativa (Oca Hoteis, Hotel Carlos I Silgar, Oca Augas Santas Balneario Golf & Resort, Hotel Balneario Laias Caldaria, Termas de Cuntis, Balneario de Mondariz , Balneario Eurostars Gran Hotel La Toja e Eurostars Isla de la Toja).).

O representante do Real Aeroclub de Santiago, pola súa banda, falou da diversidade dos 15 campos de golf que temos en Galicia, ideais para a práctica do golf, sen esperas nin aglomeracións e máis en profundidade dos 6 campos que participan no proxecto: Real Areoclub de Santiago; Oca Augas Santas; Real Montealegre Club de Golf; Campo de Golf Meis; Golf Balneario de Mondariz e Golf Ría de Vigo, ademais de presentar a web CELTIC SPAIN GOLF & WELLNESS e o recente apartado da web do Real Aeroclub de Santiago en lingua inglesa.

Fam trip en outubro
Finalmente Javier da Porca, secretario xeral de Galicia Destino Golf, destacou as condicións especiais dos acordos de correspondencia dos 6 clubs de golf galegos cos clubs de golf londinienses que asistiron á mesa de traballo, sen prexuízo que estes acordos se poidan estender tanto a outros clubs de golf de Galicia como a outros clubs de Reino Unido. Tamén se referiu ao novo produto GALICIA GOLF PASS para adquirir talonarios de gren fee (saídas ao campo) a través da web de CELTIC SPAIN GOLF & WELLNESS. Ao finalizar a xornada de traballo, os asistentes puideron gozar dunha comida típica galega no propio restaurante do Centro Galego en Londres.

A seguinte etapa desta iniciativa consistirá nun Fam Trip para que 7 representantes destes clubs ínguas poidan coñecer de primeira man Galicia, os seus campos de golf e os seus balnearios o próximo mes de outubro.