O Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un convenio de impulso ao asociacionismo no sector turístico galego en virtude do cal a entidade pública apoia economicamente o mantemento da estrutura necesaria para favorecer o funcionamento do Clúster como entidade asociada que agrupa ao 95% do sector turístico galego e que leva a cabo tarefas de interese público para o fomento do tecido asociativo e a xeración de sinerxías entre empresas de toda a cadea de valor de turismo en Galicia.
O convenio asinado entre ambas as partes, cunha dotación total de 36.500 euros dos que 33.000 achegaraos Turismo de Galicia, ten como obxectivos contribuír a funcionamento ordinario do Clúster, como única entidade que agrupa a toda a cadea de valor do sector turístico galego. Así, o convenio inclúe partidas orientadas permitir os labores técnicos de xestión ordinaria; apoio dos custos operativos, reunións multisectoriais e de grupos de traballo, accións de comunicación orientadas á sensibilización do turismo como sector importante para o tecido económico en Galicia así como accións de colaboración en xeral coa administración autonómica.
En virtude deste convenio ambas as entidades se compromen a cooperación conxuntamente na consecución destes obxectivos e contribuíndo á promoción da marca Galicia.