O turismo rural galego recibe 200 mil euros para promoción e mellora da súa comercialización

O turismo rural galego recibe 200 mil euros para promoción e mellora da súa comercialización

A través dun convenio asinado con FEGATUR crearase unha plataforma de reservas online, ademais de incentivar o consumo con bonos e impulsar a formación hixiénico sanitaria

Xunta de Galicia e Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) asinaron un convenio por importe de preto de 200.000 euros, unha medida á que se une os importes que a Xunta ha concendido aos 192 concellos que son beneficiarios das axudas para a posta en valor da riqueza histórica e paisaxística do rural. Ambas as medidas suman preto de 4,4 millóns de euros.

Os acordos asinados con FEGATUR inclúen accións para a súa comercialización online, con reservas a través dunha plataforma que inclúa un motor de reservas e unha web que ofreza información sobre os 555 establecementos de turismo rural de Galicia que están dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).

Ademais quérese incentivar aos viaxeiros para que prolonguen as súas estancias neste tipo de establecementos con 4800 bonos para realizar experiencias turísticas complementarias nos heodestinos e vilas de Galicia. Estas actividades serán impartidas por guías de turismo, empresas de turismo activo, adegas turísticas, restaurantes, artesáns, museos e instalacións, polo que se permite reactivar así tamén a toda a cadea de valor turística.

Turismo rural, estratéxico no novo escenario
Ademais, o convenio con FEGATUR inclúe axudas para fomentar a formación dos profesionais deste subsector en materia hixiénico-sanitaria, impulsando a implantación de medidas hixiénico-sanitarias e de formación para prepararse ante o novo escenario que sitúa a este tipo de establecementos entre os máis valorados ao reunir algúns dos elementos máis valorados polos usuarios no contexto poscoronavirus como a tranquilidade, a natureza ou a paisaxe.