O Clúster Turismo de Galicia continúa promovendo a sostibilidade no sector hostaleiro a través da súa colaboración coa iniciativa Hostelería #PorElClima, unha plataforma que ofrece a bares, restaurantes e locais de lecer ferramentas para reducir a súa pegada de carbono e mellorar a súa eficiencia enerxética.
Esta colaboración permite aos establecementos adheridos a entrada para participar no sorteo dun bono climático valorado en 1.000 euros, destinado á renovación de equipamento con tecnoloxías máis eficientes que contribúan á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Os negocios deben estar operativos polo menos un ano e completar un autodiagnóstico en liña na web de Hostalería #PorElClima, desde onde poden coñecer o seu grao de sostibilidade e recibir recomendacións personalizadas para avanzar na redución de emisións.
Desde a súa posta en marcha, a iniciativa permitiu a miles de establecementos en España mellorar a súa xestión ambiental, sendo un exemplo de como a sostibilidade pode integrarse de forma práctica no día a día da hostalería.
O Clúster lembra que a adhesión é gratuíta e que este tipo de accións contribúen non só a reducir o impacto ambiental do sector, senón tamén a optimizar custos e posicionarse como negocios comprometidos co turismo responsable. Ademais, os establecementos participantes poden obter un distintivo que certifica o seu compromiso coa acción climática. Para sumarse á iniciativa e optar ao bono climático, basta con completar o autodiagnóstico en liña e comezar a actuar #PorElClima.