destacados

O 30 de setembro é a data límite para optar a parte dos 300.000 euros en axudas para a creación de novos produtos.

 

Unha vintena de empresas sumáronse xa á iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia co apoio da Xunta.

 

Aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes e provedores de oferta turística complementaria son os destinatarios deste programa.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible acaba de alcanzar o ecuador do prazo aberto para que as empresas galegas do sector turístico se adhiran ao mesmo. O pasado 11 de xullo era presentada de forma oficial está iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia con financiamento da Xunta de Galicia e a estas alturas, a medio camiño do 30 de setembro, data límite de inscrición, suma xa unha vintena de empresas.

 

Aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes e provedores de oferta turística complementaria son os destinatarios dun Club de Produto que nace co obxectivo de integrar toda a oferta turística sostible de Galicia, contribuíndo a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e servindo de ponte de unión entre empresas e clientes. O compromiso co local, o medio ambiente e o bo goberno das empresas e o fomento das experiencias únicas, que deixen impacto no visitante, pero minimizando a pegada ecolóxica, e que lle proporcionen a maior confianza ao usuario son tamén algúns dos aspectos diferenciadores de Galicia Destino Sostible.

 

Ademais de formar parte dunha oferta turística diferencial, os participantes recibirán formación e asesoramento en materia de turismo sostible, accederán a unha nova canle de captación de clientes, beneficiaranse dunha mellor capacidade para buscar alianzas e dispoñerán de promoción e difusión a nivel nacional. Así mesmo, esta iniciativa está dotada cunha liña de axudas para a creación de novos produtos turísticos sostibles por un importe total de 312.000 euros, que serán outorgadas por rigorosa orde de solicitude e formalizaranse mediante un convenio de colaboración.

 

Para formar parte do Club de Produto Galicia Destino Sostible é preciso cumprir unha serie de requisitos, que varían en función de se se trata dun restaurante, un aloxamento, unha axencia de viaxes ou unha empresa turística complementaria. Os aspirantes que dispoñan dalgunha certificación ambiental ou de sustentabilidade oficial poderán acceder directamente por tratarse dun requisito habilitante, mentres que o resto deberán cumprir o 100 % dos requisitos obrigatorios e o 33 % dos valorables.

21 de Agosto de 2022

O prazo para optar ás axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible chega ao seu ecuador

O 30 de setembro é a data límite para optar a parte dos 300.000 euros en axudas para a creación de novos produtos.   Unha vintena […]
20 de Agosto de 2022

O turismo volve impulsar a creación de emprego

Galicia sumou 7.400 traballadores máis neste sector durante o pasado mes de xullo.   A recuperación da actividade turística durante os últimos meses volveu a ter […]
19 de Agosto de 2022

O turismo estranxeiro case se triplicou en Galicia no primeiro semestre do ano

Desde Portugal e por estrada, perfil maioritario do visitante chegado desde outros países á comunidade.   A chegada de visitantes estranxeiros a Galicia experimentou un forte […]
18 de Agosto de 2022

Lugo promocionarase un ano máis en La Vuelta

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo difundirá os atractivos gastronómicos e turísticos da provincia cunha caseta que percorrerá todas as saídas […]