Galicia será pioneira este 2020 co deseño, por primeira vez en España, de criterios de excelencia turística nestes lugares para afondar no modelo de calidade

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística (ICTE), co que a Xunta asinou un convenio de colaboración, Galicia traballa de forma pioneira na extensión deste distintivo de Calidade Turística aos itinerarios xacobeos, o Camiño Portugués e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, así como ás Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra e, tamén por primeira vez, a espazos singulares como prazas, xardíns, monumentos de interese ou conmemorativos, bibliotecas, faros, paseos marítimos, etc.

Nestes primeiros pasos, Xunta e ICTE mantiveron unha xornada de presentación a concellos e entidades interesadas na que se contou coa participación de técnicos do ICTE e do director xeral, Fernando Frade, para poder identificar os lugares tales como albergues ou espazos públicos singulares destas áreas para definir criterios técnicos para que poidan ser recoñecidos coa Q de Calidade turística.

Ferramentas específicas
Como explicou Nava castro, grazas a este acordo poderán deseñarse este 2020 por vez primeira ferramentas de calidade específicas que avaliarán o seu sistema de xestión, os seus servizos e equipamentos nestas áreas de influencia. De feito, a Xunta organizou diferentes xornadas informativas tanto na área de influencia de Pontevedra como en Monforte de Lemos, para a área de influencia da Ribeira Sacra.

Con estas medidas Galicia avanzará como destino de calidade deseñando as rutas Q, onde se inclúen o Camiño de Santiago e itinerarios vitivinícolas, fomentando nestas contornas en especial a excelencia dos profesionais e dos servizos turísticos. Ademais, os profesionais do sector destas rutas Q, que están caracterizadas por contar con negocios de pequeno e mediano tamaño, contarán coa axuda necesaria para acreditar a calidade dos seus servizos e profundar na súa profesionalización.

12 de Febreiro de 2020

A Xunta avanza na implantación da Q de Calidade Turística no Camiño de Santiago, rutas do viño e espazos públicos singulares

Galicia será pioneira este 2020 co deseño, por primeira vez en España, de criterios de excelencia turística nestes lugares para afondar no modelo de calidade En […]
20 de Xaneiro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]
31 de Xullo de 2019

Xunta e o ICTE traballarán nun proxecto conxunto para mellorar espazos do Camiño de Santiago que poidan obter a ‘Q’ de calidade

O proxecto implantarase no Camiño Portugués e na Ruta do Mar de Arousa e Ulla, á vez que se reforzan as rutas vitivinícolas Dentro da folla […]
18 de Xuño de 2019

Acordo de colaboración para avanzar en innovación, calidade e sustentabilidade do turismo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no […]