INTUR, Feira Internacional do Turismo de Interior, na que se dan cita empresas, institucións públicas e profesionais que traballan nos distintos ámbitos do turismo de interior celebra unha nova edición do 24 ao 27 de novembro en Valladolid. Como en anos anteriores, a cita, na que estarán presentes Turismo de Galicia e Clúster Turismo de Galicia cunha caseta, inclúe un punto de encontros profesionais, Intur Negocios, que se celebra o 24 e 25 de novembro, en horario de 10.30 a 15.00. Se trata dun workshop no que se darán cita preto dun cento de compradores nacionais e internacionais elixidos pola organización.
Desde o Clúster Turismo de Galicia dispomos de pases gratuítos para acceder á feira para aquelas persoas interesadas en asistir, poden solicitalas a través do correo administracion@clusterturismogalicia.com. Do mesmo xeito, se algún turoperador, maiorista ou axencia de viaxe quere participar neste workshop pode inscribirse como comprador, antes do luns 21 de novembro ás 14h a través do correo silvia.martinez@feriavalladolid.com ou enel teléfono 983 429 208. Ademais, podes consultar o perfil de compradores inscritos na web da feira.
Do mesmo xeito, se algunha empresa quere participar como como vendedor, o Clúster Turismo de Galicia dispón de 10 inscricións gratuítas que poderán solicitar también a través do correo de administracion@clusterturismogalicia.com.