Turismo Área de Santiago

O certame de tapas da capital galega celebrarase entre o 15 de novembro e o 2 de decembro

Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela acaban de abrir o prazo de inscrición para a undécima edición do Santiago(e)tapas, que se celebrará este ano entre o 15 de novembro e o 2 de decembro.

Os estblecimientos interesados en participar neste certame de tapas poden inscribirse até o próximo 19 de outubro neste evento xa totalmente consolidado na cidade, que ano a ano segue celebrando este concurso de tapas para dinamizar o sector turístico durante a tempada baixa a través dun evento que pon en valor a diversidade da oferta gastronómica de Compostela.

Na edición do ano pasado, na que se celebrou o décimo aniversario do concurso, participaron 70 locais que ofertaron 101 tapas, repartidas entre seis rutas ou (e)tapas. O consumo situouse por encima das 34.000 tapas, cun crecemento do 10% respecto do ano anterior.

Ademais da cooperación público-privada entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, a iniciativa conta coa participación de Mahou como patrocinador principal e tamén o patrocinio xa tradicional de Cash Marca e Coca Cola e da Deputación da Coruña.

12 de Outubro de 2018

Aberto prazo para participar na 11ª edición de Santiago(e) Tapas

O certame de tapas da capital galega celebrarase entre o 15 de novembro e o 2 de decembro Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela […]
03 de Febreiro de 2015

Area de Santiago estrenó la guía “Turismo gastronómico muy cerca de Santiago” y avanzó una nueva edición de Compostela Gastronómica, esta vez en abril

La amplia y diversa oferta turística del Área de Santiago también tuvo su espacio en la primera jornada de FITUR, en una presentación que contó con […]