Os empregados dos aloxamentos turísticos de Galicia poden someterse voluntariamente a probas de PCR mediante un programa de cribado que a Xunta puxo en marcha coa colaboración do Clúster de Turismo de Galicia.
O obxectivo da iniciativa é, en primeiro lugar, garantir a saúde e seguridade das persoas que traballan nos establecementos e, ao mesmo tempo, reforzar a mensaxe “Galicia destino seguro” e xerar confianza.
As probas realizaranse en Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra. Será o propio Servizo Galego de Saúde o que se poña en contacto coas persoas que solicitaron participar no programa enviando este formulario.