O Clúster Turismo de Galicia elabora un primeiro informe de impacto da crise do coronavirus no sector turístico galego no que expón até catro escenarios de evolución da demanda turística en 2020 e 2021

O sector turístico galego perdería 1 de cada 3 euros xerados no PIB turístico, o que se traduce en perdas de polo menos 2.476 millóns de euros

O presidente do CTG destaca “o peso do noso sector e a importancia de medir moi ben o calendario de desescalada para un sector econonómico vital para Galicia como é o turismo, para mitigar no posible o impacto desta crise”.

O Clúster Turismo de Galicia elaborou un primeiro informe de impacto da crise do COVID 19 sobre o sector turístico galego no que expoñen unhas perdas de polo menos 2.476 millóns de euros, que se traducirían nunha caída do PIB turístico do 33,2% e do 3,9% no cómputo total do PIB galego no escenario máis optimista. En termos de demanda, a chegada de viaxeiros reduciríase en torno ao 50%, con caídas superiores aos 2,5 millóns de viaxeiros mentres en que en emprego, o informe expón a perda de entre o 22% e o 26% do emprego, o que se traduciría na destrución de entre 27.230 e 32.181 postos de traballo en Galicia. Unhas previsións que poderían ser mesmo máis negativas, ao poder darse picos de perda de emprego superiores, entre o 40% e o 50%, en función da evolución da crise e os tempos que as autoridades sanitarias establezan para a recuperación da actividade turística.

O informe foi elaborado polo Clúster Turismo de Galicia a partir dos documentos e previsións de entidades como a Organización Mundial do Turismo (OMT), o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Foro Económico de Galicia, a Mesa do Turismo, Exceltur, Bain & Company e EY, Deloitte ou McKinsey & Company.

A partir dos datos e estimacións destas entidades, o Clúster Turismo de Galicia expón até catro posibles escenarios de evolución desta crise para o sector turítico galego no que a demanda turística refírese. Cabe destacar, neste sentido, que partimos de que Galicia recibiu o ano pasado 5,1 millóns de viaxeiros:

Escenario 1:
É o escenario máis positivo, pois contempla un levantamento do confinamento entre finais de abril e comezos de maio, o que daría lugar a unha rápida recuperación da demanda nacional (sobre a teoría de que non habería limitación na circulación das persoas dentro do territorio nacional). Neste escenario, pouco probable, Galicia pecharía o ano con 2,6 millóns de viaxeiros e alcanzaría unha rápida recuperación en 2021 por efector do Xacobeo até alcanzar os 4,1 millóns de viaxeiros.

Escenario 2:
Contémplase a aparición dun rebrote do COVID no outono que frea a recuperación, aínda que a reacción é máis rápida ao estar mellor preparados a nivel sanitario, económico e social. O efecto do Xacobeo permite salvar a segunda metade de 2021. Como consecuencia de todo iso a caída de viaxeiros a Galicia é máis acusada en 2020, baixando até os 2,3 millóns e a recuperación en 2021 máis suave, até alcanzar os 3,5 millóns.

Escenario 3:
Levántase o confinamento a mediados de maio. Neste escenario a curva de recuperación é máis suave, cunha recuperación da demanda máis lenta do mercado internacional. A caída é máis grave en 2020 e deixa un número de viaxeiros en torno a os 2 millóns mentres que a recuperación é máis rápida en 2021 e Galicia alcanza os 3,6 millóns.

Escenario 4:
É o escenario máis pesimista. A aparición dun rebrote no outono e a lenta recuperación da situación fai complicado estimular a demanda. O efecto do Xacobeo logra tirar da pendente de recuperación nacional na segunda metade de 2021. A caída de viaxeiros sitúanos por baixo dos 1,8 millóns de viaxeiros e a recuperación en 2021 é máis moderada, quedando en 2,9 millóns de viaxeiros a finais do Ano Santo, menos do 50% do obxectivo inicial pre-crise, que establecía alcanzar o seis millóns de viaxeiros.

O informe sinala, pois, que no escenario máis postivo, Galicia perdería en 2020 1 de cada dous turistas mentres que, de producirse o escenario máis negativo, perderíanse dous de cada tres viaxeiros este ano.

Análise continuada e evolución da crise

O informe elaborado polo CTG expón, pois até catro escenarios de evolución da demanda de viaxeiros que poida recibir Galicia no horizonte de 2020-2021 pero desde o Clúster son conscientes de que estas previsións están suxeitas a continuos cambios e correccións, tal e como fixo Exceltur na súa proposta de evolución para o conxunto do sector turístico español.

Neste sentido, e tal e como explica o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, “o informe parte dunha análise a día de hoxe da situación actual da oferta e a demanda en Galicia marcado polo peche obrigatorio de establecementos, a crise de confianza e a limitación na libre circulación de viaxeiros que dá como consecuencia unha retracción da demanda, crise económica e cambios normativos cuxas consecuencias imos ir vendo aos poucos”, explica.

Calendario de desescalada
“Neste difícil contexto o informe debuxamos até catro escenarios, de máis a menos positivo, co obxectivo de pór negro sobre branco de que impacto económico e laboral estamos a falar sobre o turismo en Galicia”.

Queremos que as diferentes administracións sexan conscientes do peso do noso sector e da importancia de medir moi ben o calendario de desescalada para un sector econonómico vital para Galicia como é o turismo, para mitigar no posible o impacto desta crise”.

Descarga o informe completo

20 de Abril de 2020

A crise do covid 19 podería provocar caídas superiores aos 2,5 millóns de turistas e perda de máis de 30 mil empregos no sector turistico galego

O Clúster Turismo de Galicia elabora un primeiro informe de impacto da crise do coronavirus no sector turístico galego no que expón até catro escenarios de […]
09 de Abril de 2020

A Mesa do Turismo solicita medidas excepcionais e urxentes para o sector turístico para enfrontar o coronavirus

O presidente da Mesa do Turismo, Juan Molas, remitiu unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en l aque valora que o sector turístico podería […]
08 de Abril de 2020

Galicia perderá PIB, o desemprego subirá 5 puntos e destruiranse máis de 160 mil empregos como consecuencia do coronavirus, segundo IFFE

A escola de negocios de Oleiros elaborou un estudo sobre o impacto que a crise sanitaria polo Covid-19 terá na nosa comunidade O servizo de estudos […]
08 de Abril de 2020

O Foro MICE traslada medidas fiscais, laborais e financeiras para apoiar ao sector de congresos e incentivos fronte á crise do coronavirus

Ante a grave situación xerada pola pandemia do COVID 19, o Foro Mice celebrou unha sesión virtual para abordar as medidas que o sector considera imprescindible […]