Galicia e o norte de Portugal reforzan a súa cooperación turística con mesas de traballo transfronteirizas

Galicia e o norte de Portugal reforzan a súa cooperación turística con mesas de traballo transfronteirizas

  • Terán lugar o 26 de febreiro en Portugal e o 27 de febreiro en Galicia.

 

Os próximos 26 e 27 de febreiro celebraranse mesas de traballo con empresarios de Galicia e Norte de Portugal para avanzar na eurorrexión como destino turístico. Esta actividade, que se desenvolve no marco do proxecto POCTEP ClusterTur_GNP, está impulsada pola AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, coa asistencia técnica e colaboración do Clúster Turismo de Galicia. ClusterTur_GNP é un proxecto conxunto entre a AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Turismo do Porto e Norte de Portugal, ATP e de Turismo de Galicia.

 

As sesións celebraranse en dúas localizacións estratéxicas, unha en Portugal e outra en Galicia, co fin de facilitar a participación de empresas de ambos os lados da fronteira:

 

 

Cada xornada incluirá dúas mesas de traballo, unha en quenda de mañá e outra pola tarde. Ademais, con cada unha delas, tamén se celebrará un xantar networking, deseñado para fomentar o intercambio de ideas e o establecemento de sinerxías entre os participantes.

 

En cada encontro, os asistentes poderán debater sobre os principais retos e oportunidades que enfronta o turismo na Eurorrexión, desde a promoción conxunta de destinos ata a sostibilidade e a innovación nos servizos turísticos. Esta iniciativa enmárcase no proceso de diagnóstico do turismo transfronteirizo, que é esencial para a definición da estratexia do Clúster Transfronteirizo de Turismo Galicia – Norte de Portugal.

 

A participación nas mesas de traballo é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas a 20 entidades por encontro (10 empresas galegas e 10 portuguesas). Para facilitar as dinámicas de traballo, só poderá asistir unha persoa por entidade. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do formulario habilitado, indicando a empresa ou entidade á que representan e seleccionando a sesión na que desexan participar.

 

PROGRAMA

 

Mércores 26 de febreiro de 2025, nas instalacións do Hotel do Minho en Vila Meã (horario de Portugal):

 

Programa para os asistentes á mesa de traballo da mañá:

 

  • Recepción de asistentes, entre as 10:15h e as 10:30h.
  • Primeira mesa de traballo, entre as 10.30h e as 13:00h.
  • Xantar networking, entre as 13:00h e as 14:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e tarde.
  • Fin do primeiro encontro, ás 14:30 h.

 

Programa para os asistentes á mesa de traballo da tarde:

 

  • Recepción de asistentes, entre as 12:45h e as 13:00h.
  • Xantar networking, entre as 13:00h e as 14:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e tarde.
  • Segunda mesa de traballo, entre as 14:30h e as 17:00h.
  • Fin do segundo encontro, ás 17:00 h.

 

Xoves 27 de febreiro de 2025, nas instalacións da Bodega Terras Gauda (horario de España):

 

Programa para os asistentes á mesa de traballo da mañá:

 

  • Recepción de asistentes, entre as 11:15h e as 11:30h.
  • Terceira mesa de traballo, entre as 11.30h e as 14:00h.
  • Xantar networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e tarde.
  • Fin do terceiro encontro, ás 15:30 h.

 

Programa para os asistentes á mesa de traballo da tarde:

 

  • Recepción de asistentes, entre as 13:45h e as 14:00h.
  • Xantar networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e tarde.
  • Cuarta mesa de traballo, entre as 15:30h e as 18:00h.
  • Fin do cuarto encontro, ás 18:00 h.