A Comisión Galega da Competencia, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, organiza unha xornada divulgativa sobre a competencia no sector turístico de Galicia: Resolución “Booking” e presentación do Sistema de monitorización de datos de ocupación de establecementos aloxativos (SIMADA).
A xornada está dirixida a propietarios e directivos de empresas de aloxamento de Galicia. Nela, trataranse diferentes aspectos chave para a toma de decisións dos establecementos turísticos de Galicia, mediante a promoción de boas prácticas no sector turístico e proporcionando información de notable interese para as empresas.
O evento terá lugar o martes, 19 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Centro GaiásTech (Cidade da Cultura). A data límite para formular as inscricións será o luns, 18 de novembro. As prazas están limitadas ata completar capacidade. Podes reservar a túa cumprimentando o formulario de inscrición que atoparás na seguinte ligazón.
Para máis información ou dúbidas, podes contactar a través da dirección de correo secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, ou do teléfono 881 247 436.