O vindeiro 19 de decembro, o Edificio Sociocultural Manuel Rivero en Lalín converterase no epicentro do turismo galego coa celebración do “Networking Rías Baixas: Turismo que une: Redes de traballo para a conformación de experiencias turísticas”. Este evento, organizado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia, busca fortalecer a comercialización do destino Galicia e ampliar a súa oferta turística a través do traballo conxunto entre as empresas do sector.
O encontro pretende fomentar o coñecemento da oferta turística, especialmente as propostas máis innovadoras, entre os axentes turísticos galegos. Deste xeito, as empresas de receptivo poderán incorporar estas actividades nas súas propostas de valor, contribuíndo a consolidar Galicia como un destino atractivo e competitivo.
Programación do evento
O evento está dirixido a:
Inscricións
As empresas interesadas en participar deberán inscribirse antes do mércores 11 de decembro a través do seguinte formulario. Recoméndase proporcionar información completa e precisa, xa que será utilizada para confeccionar as axendas. A asistencia estará limitada a unha persoa por entidade para garantir unha xestión eficiente do evento.