Turismo Sostenible

  • Hostal Bela Muxía, Galping Pedalsurf, Hotel Ría Mar, Nordes Kayak e Attica 21 Coruña son as cinco novas empresas que xa forman parte do club Galicia Destino Sostible.
  • A iniciativa conta actualmente con máis de 150 experiencias e 75 empresas adheridas, e segue aberta a recibir novos membros.

 

A marca Galicia Destino Sostible segue medrando, sumando agora cinco novas incorporacións. Na reunión do pasado venres, 28 de xullo, o comité de avaliación acordou aceptar as solicitudes de adhesión presentadas polos responsables do Hostal Bela Muxía, Galping Pedalsurf, Hotel Ría Mar, Nordes Kayak e Attica 21 Coruña.

 

Estas empresas súmanse a un grupo cada vez máis amplo do que forman parte os sectores das axencias de viaxe, restauración, aloxamento e a oferta turística complementaria. Neste momento o club ofrece máis de 150 experiencias que proveñen de 75 empresas galegas diferentes.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible é unha iniciativa posta en marcha no ano 2022 polo Clúster Turismo de Galicia co apoio e financiamento da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é integrar e poñer en valor a oferta turística da Comunidade que contribúe ao crecemento sostible do destino, e convertelo en referente no ámbito nacional e internacional. Esta marca articúlase como un club de produto turístico que integra toda a oferta turística galega respectuosa co medio ambiente, a cultura e a sociedade.

 

A través da súa web galiciadestinosostible.com conecta a turistas e empresas, facilitando o acceso a toda a oferta turística sostible de Galicia. Neste portal atópanse desde rutas en camper, barco, en bicicleta ou a pe, ata paquetes turísticos que combinan aventura, deporte, gastronomía, enocultura e aloxamento.

 

Se tes unha empresa e queres formar parte do club, podes solicitar a túa adhesión a través do formulario habilitado na web. Lembra que se posúes alguna certificación oficial de sustentabilidade (S do ICTE, Biosphere, Green Key, EU Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, Estrela Verde da Guía Michelin…) etc., ou unha certificación ambiental (ISO 14000, EMAS…) poderás adherirte directamente, xa que estas certificacións considéranse requisito habilitante. Se non posúes ningunha, poderás adherirte se cumpres o 100% dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33% dos considerados valorables. Para obter máis información podes contactar a través do número 881 505 102 ou do correo electrónico info@galiciadestinosostible.com.

01 de Agosto de 2023

Cinco novas empresas súmanse ao Club de Produto Galicia Destino Sostible

Hostal Bela Muxía, Galping Pedalsurf, Hotel Ría Mar, Nordes Kayak e Attica 21 Coruña son as cinco novas empresas que xa forman parte do club Galicia […]
21 de Xuño de 2023

SEGITTUR conecta a economía circular ao sector turístico cos seus manuais a destinos e empresas e a guía de boas prácticas

A presentación tivo lugar o pasado xoves, 15 de xuño, en Sanxenxo. Con estas publicacións SEGITTUR continúa apoiando ao sector turístico e a sustentabilidade. A Guía […]
21 de Xuño de 2023

16 microempresas galegas poderán participar no proxecto internacional Ecotours para revitalizar o turismo circular e sostible

Esta iniciativa, cofinanciada pola Comisión Europea, busca potenciar ás comunidades locais converténdoas en laboratorios de codesenvolvemento de ecosistemas turísticos circulares e sostibles. O consorcio do proxecto […]
21 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo pon a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade

O servizo de consultoría, financiado a través dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, é gratuíto. Turismo de Galicia publicou unha […]