• As axudas están dirixidas a negocios de aloxamento e de restauración

 

A Xunta de Galicia anunciou unha liña de axudas de cinco millóns de euros destinada a modernizar e embelecer establecementos turísticos situados na franxa litoral. A medida, anunciada no pasado Consello de la Xunta do 4 de agosto, enmárcase dentro do Plan do Litoral, que busca compatibilizar a actividade económica coa conservación ambiental e o coidado da paisaxe.

 

Poderán acceder a estas axudas negocios de aloxamento (como hoteis, cámpings ou casas rurais) e de restauración (bares, cafeterías ou restaurantes) situados en municipios costeiros. As subvencións cubrirán tres tipos de actuacións: melloras de eficiencia enerxética, dixitalización de recursos turísticos e renovación de fachadas.

 

No apartado enerxético, financiaranse intervencións para reducir o consumo, como a modernización de sistemas de iluminación en espazos interiores, exteriores e aparcamentos. En dixitalización, apoiarase a creación de ferramentas tecnolóxicas, códigos QR e recursos en liña que permitan aos visitantes coñecer o destino antes da súa chegada. A liña de embelecemento abarcará desde a reparación de carpinterías e cubertas ata o revestimento de muros perimetrais, sempre buscando unha mellor integración coa contorna.

 

  • Futura publicación no DOG

 

Os traballos subvencionados deberán executarse e abonarse entre xaneiro de 2025 e xuño de 2026. Esta convocatoria enmárcase na recente asunción de competencias plenas sobre a xestión do litoral galego, tras o traspaso de funcións desde o Estado o pasado 1 de xullo.

 

As axudas poderán alcanzar ata os 232.000 euros por beneficiario, e a convocatoria oficial publicarase no Diario Oficial de Galicia a comezos do mes de setembro.

11 de Agosto de 2025

5 M€ para impulsar un turismo costeiro máis sostible e atractivo

As axudas están dirixidas a negocios de aloxamento e de restauración   A Xunta de Galicia anunciou unha liña de axudas de cinco millóns de euros […]
04 de Agosto de 2025

A Xunta anuncia 3,5 M€ para impulsar a mobilidade sostible nos establecementos enoturísticos

A liña de axudas permitirá financiar bicicletas e patinetes eléctricos, ademais de instalar puntos de recarga ou promocionar actividades enoturísticas   A Xunta de Galicia reforzará […]
21 de Xullo de 2025

A Xunta de Galicia amplía ata o 18 de agosto o prazo para solicitar as axudas a establecementos termais

A Xunta de Galicia anunciou a semana pasada a ampliación do prazo para optar ás axudas destinadas a impulsar o turismo termal na comunidade. As persoas […]
21 de Maio de 2025

Clúster e eco-union colaboran na organización dun webinar para presentar unha ferramenta pioneira de autodiagnóstico climático para empresas do sector

A sesión celebrarase o 26 de maio, co título “Turismo + Resiliente: Presentación da plataforma de autodiagnósticos”.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu […]