Convocatorias

Co aval do Consorcio Zona Franca de Vigo, xa está aberta a terceira edición de Vía Exterior, a aceleradora multi-sectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das PEMES galegas.

A iniciativa proporciona asesoramento e formación personalizada a cada unha das 20 empresas participantes durante 6 meses, sen custos de inscrición e co notable éxito das empresas participantes nas dúas anteriores edicións, xa que tras o seu paso pola aceleradora conseguiron mellorar notablemente a súa presenza nos mercados exteriores.

As prazas son limitadas a 20 empresas e o prazo para inscribir a candidatura está aberto até o 12 de xullo. Aquelas pemes que sexan eligidas contarán cun titor persoal e profesores especialistas nas temáticas concretas da internacionalización con experiencia real en mercados xeográficos onde as empresas queiran aumentar a súa presenza. Cóntase con máis de 20 mentores con experiencia en máis de 50 mercados diferentes.

>> Inscríbete

17 de Xuño de 2019

Aberto o prazo para participar na aceleradora de empresas Vía Exterior

Co aval do Consorcio Zona Franca de Vigo, xa está aberta a terceira edición de Vía Exterior, a aceleradora multi-sectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar […]
13 de Xuño de 2019

Convocatoria de Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia

O xoves 27 de xuño a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a celebración da Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia (CTG) no auditorio 2 do […]
28 de Maio de 2019

Convocadas as probas de habilitación de novos guías de turismo especializados en Galicia

O DOG recolle a convocatoria para a habilitación de guías turísticos especializados, convocada pola Consellería de Cultura e Turismo, co obxectivo de continuar o proceso de […]
30 de Xaneiro de 2019

Aberta a convocatoria de axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos.

A Axencia de Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas, dotada cun total de 300.000 euros, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo […]