Abertas as inscricións para a xornada e o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

Abertas as inscricións para a xornada e o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

  • O Clúster Turismo de Galicia impulsa xunto á Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia unha formación pioneira para achegar a intelixencia artificial ao tecido turístico galego.
  • A xornada de presentación poderá seguirse en directo a través da web do Clúster.

 

O 12 de novembro, o Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá a xornada de presentación do programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa promovida polo Clúster Turismo de Galicia, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia, co obxectivo de achegar as oportunidades que ofrece a intelixencia artificial (IA) aos profesionais do sector turístico.

 

A xornada, que se desenvolverá de 10:00 a 14:00 horas, reunirá a expertos e representantes de entidades como Deepsense, Cloud District, Neuromobile, a Universidade de Santiago de Compostela e Crowe, entre outros, que analizarán como a IA pode mellorar a xestión, a competitividade e a sostibilidade do turismo galego.

 

A xornada poderase seguir por streaming a través da páxina web do Clúster.

 

  • Programa formativo

 

Ademais desta xornada inaugural, o programa formativo inclúe catro sesións presenciais que se desenvolverán entre novembro e decembro, cunha duración total de 12 horas:

 

  1. Mércores, 26 de novembro.
  2. Xoves, 27 de novembro.
  3. Mércores, 17 de decembro.
  4. Xoves, 18 de decembro.

 

Estas sesións, dirixidas a profesionais, responsables e equipos de empresas turísticas galegas, permitirán coñecer de forma práctica o potencial da intelixencia artificial en áreas clave como o márketing, a atención ao cliente, a comunicación, a análise de datos e a automatización de procesos.

 

Durante o curso abordaranse desde os fundamentos básicos da IA ata o uso de ferramentas específicas como ChatGPT e outros modelos xenerativos, así como casos reais de éxito, boas prácticas e aspectos legais e éticos. Non se require experiencia técnica previa, xa que o contido está deseñado para que os participantes poidan aplicar o aprendido de forma inmediata á súa día a día profesional.

 

As prazas para a formación completa son limitadas (20 participantes) e a inscrición está dispoñible a través do seguinte formulario.