Clúster Audiovisual Galego

Convocarase un concurso de ideas para cinco proxectos, dos cales se seleccionará un

A Xunta de Galicia subvencionará o desenvolvemento dun proxecto audiovisual en formato longametraxe ou serie de televisión para a difusión dos valores do Camiño de Santiago de cara á celebración do próximo Xacobeo. Para a elección do produto convocarase un concurso de ideas do que se elixirá o proxecto gañador. O proceso levará a cabo en dúas fases, unha primeira na que se financiará o desenvolvemento de cinco propostas, con 15.000 euros cada unha para a formulación do proxecto. A segunda fase supón a selección dun do cinco proxectos do concurso de ideas para desenvolver unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos, que recibirá un máximo de 1 millón de euros de axuda, ou unha serie de televisión de, polo menos, 300 minutos e 6 capítulos, que recibiría como máximo 1,5 millóns.

En todo caso, a axuda da Xunta non superará o 30% do custo total do produto audiovisual e, ademais, un importe equivalente ao 110% da axuda deberá destinarse a produción audiovisual en Galicia. Os proxectos deberán ter un contido de calidade e atemporal en que o Camiño de Santiago sexa un elemento importante pero non necesariamente principal. Así mesmo, deberán contribuír á promoción dos valores culturais e paisaxísticos de Galicia, entre outros, que fomenten a imaxe da Comunidade como destino de visitantes e peregrinos; á vez que transmitan os valores do Camiño, contribúan á consolidación da marca Galicia e a fomentar a creatividade da industria audiovisual galega.

Entre as características que deben reunir os proxectos, valorarase, especialmente, que exista un equipo creativo (produción executiva, guión, dirección etc.) con currículo e prestixio demostrados, xunto coa valoración dun elenco de actores que xunte prestixio e perfil mediático.
Por outra banda, as produtoras que se presenten á convocatoria han ter capacidade para captar outros investimentos públicos e persoais que permitan alcanzar un orzamento medio-alto, levar a cabo unha obra de máxima calidade e garantir as súas posibilidades de promoción e distribución. Recibirase unha puntuación especial á coprodución internacional, especialmente con países polos que discorre o Camiño.

28 de Xuño de 2018

A Xunta financiará un produto audiovisual para impulsar os valores dos camiños de Santiago

Convocarase un concurso de ideas para cinco proxectos, dos cales se seleccionará un A Xunta de Galicia subvencionará o desenvolvemento dun proxecto audiovisual en formato longametraxe […]
12 de Agosto de 2015

Empresas punteras del sector náutico y audiovisual conocen Pontevedra gracias a dos viajes de familiarización impulsados por Feprohos

Los fam trip impulsados a través de la colaboración del Clúster del Turismo de Galicia, permitieron traer a profesionales de España y Europa La Federación de […]
14 de Abril de 2015

Clúster Turismo de Galicia y Clúster Audiovisual Gallego apuestan por Galicia como plató cinematográfico

Esta mañana firmaban un acuerdo de colaboración para impulsar la puesta en marcha de una Comission Film gallega La apuesta por la cooperación, que está en […]