E despois da WTM… arrinca FITUR

ACTIVIDADES

E despois da WTM… arrinca FITUR

Unha edición máis o Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na cita nacional máis importante para o sector turístico, FITUR, que se celebrará en IFEMA Madrid do 18 ao 22 de xaneiro. Unha vez máis, a industria turísica galega estará presente, da man de Turismo de Galicia, e volverá organizarse o workshop HOSTED BUYERS, que terá lugar o xoves 19 e venres 20 de xaneiro nunha área especialmente habilitada para iso no pavillón 9. Un encontro comercial no que os asistentes poderán manter citas con compradores interacionales invitados e seleccionados por FITUR. Para a participación neste workshop o Clúster Turismo de Galicia dispón de 10 inscricións que se distribuirán entre os asociados que o soliciten ante deste venres, 18 de novembro ás 13h. Para a súa inscrición é necesario que remitan un correo electrónico a administracion@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese polo workshop e incluíndo os seus datos de contacto (nome, cargo, empresa, teléfono e correo electrónico).
En canto ao material promocional que se remitirá á feira, o prazo para facelo chegar aos almacéns de Turismo de Galicia é até o l20 de decembro, debendo ser enviado a portes pagos e embalado en caixas indicando:

Almacéns de Turismo de Galicia
Ref: FITUR 2017 / INDICAR REMITENTE
Estr. Santiago-Noia, km.3
15897 Santiago de Compostela
Teléfono de contacto dos almacéns: 981 542 540
Horario de entrega: luns a venres, de 8 a 15h

Con FITUR arrinca o calendario de feiras sectoriais e é unha das principais convocatorias para a industria turística a nivel mundial e a Feira líder para o ámbito iberoamericano. Esta nova edición arrinca coas mellores expectativas, sobre todo, considerando o positivo balance rexistrado na última convocatoria, celebrada o pasado mes de xaneiro, na que se alcanzou unha nova marca de participación na traxectoria de FITUR, cun total de 231.872 visitantes, incluídos 124.659 profesionais participantes (un 2% máis que en 2015), e 9.605 empresas presentes, procedentes de 165 países. Así mesmo, destacou unha vez, o gran número de encontros profesionais e de negocios, coa consecuente rendibilidade da Feira para os participantes. Todo iso, ademais, repercutiu en Madrid, xerando un impacto económico estimado en 210 millóns de euros.