A formación continua é unha ferramenta clave para a innovación e o crecemento sostible. Neste contexto, Turismo de Galicia lanza un curso centrado na creación de produtos turísticos sostibles e experienciais, aberto ata o 31 de decembro de 2024 para todos os interesados do sector.
Este curso, deseñado para ofrecer ferramentas prácticas e útiles aos profesionais do turismo, ten como obxectivo axudar ás empresas para mellorar a xestión e comercialización dos seus produtos. Cunha duración dunha hora, enfócase na transformación dixital e a sostibilidade, dúas áreas chave para o futuro do turismo.
O programa está dividido en varias seccións, comezando cunha introdución teórica, seguida da explicación dun canvas de produto que guía aos participantes na creación de produtos completos. Os temas inclúen desde a proposta de valor e segmentación de mercado ata a importancia de aliñar as iniciativas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O curso tamén ofrece un caso práctico e modelos personalizables para axudar aos participantes a deseñar e posicionar os seus propios produtos.
A formación está dirixida a propietarios, directivos, consultores e outros profesionais do turismo que desexen mellorar os seus coñecementos en marketing e xestión sostible. O curso está impartido por Tirso Maldonado, consultor IT e socio director en Socialtec, con máis de 25 anos de experiencia no ámbito dixital e tecnolóxico.
As inscricións son ilimitadas, e os interesados poden rexistrarse a través do portal de Turismo de Galicia. Para máis información, poden contactar co departamento de formación de Turismo de Galicia a través do correo formacion.turismo@xunta.gal.
Oportunidades de formación con Turismo de Galicia
Ademais desta formación, Turismo de Galicia mantén abertas diferentes preinscricións para varias das súas teleformacións dirixidas ao sector, entre as que se atopan:
Todas as formacións pódense consultar a través da páxina web de Axencia Turismo de Galicia.