Xunta de Galicia

A inspección turística velará porque se respecten en todo momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias

Tras o peche oficial de todos os establecementos turísticos que entra en vigor desde este xoves, 26 de marzo, a Xunta de Galicia habilitou unha relación de 157 aloxamentos turísticos que terán posibilidade de quedar aberto e a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como traballadores desprazados que presten servizos esenciais, colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero, ou cidadáns en tránsito. A través desta iniciativa a Xunta ofrece unha alternativa aos 829 afectados polo peche de establecementos turísticos adoptado polo Goberno central que, á súa vez, tamén habilitou unha relación de 37 establecementos turísticos “de garda”, repartidos por todo o territorio.

Así, a orde aprobada pola Xunta para dar servizo ás persoas afectadas pola crise do coronavirus unha vez decretado o peche, permite á administración autonómica incrementar esta listaxe inicial de 37 establecementos até chegar aos 157 en total, repartidos por 63 concellos galegos co obxectivo de seguir dando servizo a aquelas persoas de colectivos afectados que, no momento da declaración do estado de alarma, estiveran hospedadas de maneira estable cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias. As persoas aloxadas nestes establecementos disporán de espazos e das dotacións necesarias para levar a cabo os servizos de primeira necesidade. O persoal do servizo de inspección da Xunta velará porque os establecementos respecten en todo o momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas.

Estes establecementos non poderán ser empregados en ningún caso por persoas que decidiran saír dos seus lugares de orixe tras decretarse o estado de alarma o pasado 14 de marzo por unha razón que non estea amparada polo Real Decreto 463/2020.

En 63 concellos de toda a Comunidade
Os aloxamentos repártense en todo o territorio e abarcan diferentes tipoloxías de aloxamento, sendo todos eles ofrecidos voluntariamente por parte dos seus responsables. Cabe destacar, ademais, que para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986447060 e a dirección mice@abramar.com, empresa especializada encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa. Do mesmo xeito, toda a información poderá consultarse na páxina web de Turismo de Galicia.

Consulta a listaxe de establecementos abertos

Consulta a web da Consellería de Cultura e Turismo sobre o #coronavirus

26 de Marzo de 2020

A Xunta de Galicia habilita unha listaxe de aloxamentos turísticos a disposición de traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables durante a crise do coronavirus

A inspección turística velará porque se respecten en todo momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias Tras o peche oficial […]
20 de Marzo de 2020

O Clúster Turismo de Galicia traslada á Xunta medidas complementarias de apoio ao sector turístico galego

Os profesionais turísticos consideran prioritario pór en marcha medidas especiais de flexibilización de impostos e incentivos directos para paliar o duro golpe que está a sufrir […]
19 de Marzo de 2020

A Xunta mantén contacto co sector turístico para para preparar o peche que o Goberno central prevé decretar dos aloxamentos turístcios

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non […]
16 de Marzo de 2020

Galicia activa o Plan de Emerxencia sanitaria para frear o coronavirus

Esta medida supón o peche de todo salvo as farmacias, as tendas de alimentación, os estancos e os quioscos de prensa. Restauración, balnearios e albergues do […]