Coa disputa da quinta etapa do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia ao torneo réstalle tan só unha etapa, que se celebrará o vindeiro mes de outubro en Mondariz, para rematar esta sexa edición. Previamente o torneo recalou no campo asturiano da Barganiza, antepenúltima xornada antes da gran final, e no consolidado Circuíto Basozabal, no Real Novo Club de Golf de San Sebastián onde 88 xogadores dos 90 inscritos déronse cita neste deseño de José Mª Olazabal nunha xornada onde a choiva, a pesar das previsións, non fixo acto de presenza.
O campo presentaba unhas excelentes condicións e os xogadores puideron gozar, grazas a Turismo de Galicia, de agasallos de saída, dun refrixerio a metade de percorrido composto de exclusivos produtos galegos e antes da entrega de premios, unha degustación de delicias galegas.
A gañadora Scratch, con 31 puntos e con dereito a xogar a gran final de Mondariz foi Arrate Garate. A segunda posición, a un só punto de diferenza foi para Ramón Goikoetxea. En categoría hándicap conseguiu clasificarse para a final con 41 puntos Luís Mendizábal, seguido coa mesma puntuación por José Ignacio Ibáñez. O premio á mellor Dama recaeu en Marí Carmen Iturralde e a mellor Mastersenior foi a para Susanne Bohemann. Ambas as xogadoras lograron tamén clasificarse para a gran final de Mondariz.