Terras de Pontevedra

Os convenios supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros que beneficiarán a 81 municipios das áreas de Costa da Morte, Terras de Pontevedra, Ribeira Sacra, Salnés, Ferrol e Arousa Norte

Turismo de Galicia acaba de obter autorización para a firma de seis convenios de colaboración de carácter plurianual co seis entidades supramunicipais que se traducirán nun investimento total de 1,3 millóns de euros para a creación e consolidación de novos produtos turísticos. Os destinatarios destes acordos son o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, que asina un convenio por un importe de 250 mil euros, a Mancomunidade Terras de Pontevedra, cuxo convenio ascende a 209.830 euros, Arousa Norte, por un importe de 200.000 euros; a Mancomunidade de Concellos de Ferrol, que ascende a 150 mil euros; a Mancomunidade do Salnés, cun importe de 300 mil euros e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) por un importe de 150.000 euros.

A través da sinatura destes convenios, que beneficiarán a 81 municipios galegos, levarán a cabo acciones de promoción e internacionalización, crearanse e consolidaranse novos produtos e mellorarase a accesibilidade e a implantación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías no turismo desenvolvo das novas tecnoloxías no turismo. Así mesmo, contribuirá a mellorar a accesibilidade de diversos xeodestinos e a implantación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías no campo turístico.
Coa firma deste seis acordos, que estarán vixentes ao longo dos dous próximos anos, Turismo de Galicia aposta por consolidar a comunidade como un destino diversificado que ofrece atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía galega, pondo en valor os mellores recursos propios de cada zona, o que contribúe á especialización da oferta e á desestacionalización na chegada de visitantes, avanzando en accións guiadas baixo as premisas da sustentabilidad e a calidade de todos os produtos e servizos ofrecidos.

30 de Abril de 2018

A Xunta acorda a sinatura de convenios con seis entidades para a diversificación dos produtos turísticos galegos

Os convenios supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros que beneficiarán a 81 municipios das áreas de Costa da Morte, Terras de Pontevedra, Ribeira Sacra, […]
01 de Xuño de 2016

Terras de Pontevedra contará cunha plataforma de venda en liña de viaxes e estancias combinadas

Turismo de Galicia e a Mancomunidade asinaron un convenio para investir máis de 100.000 euros na promoción deste territorio Co turismo arqueolóxico como atractivo principal da […]
15 de Xullo de 2015

Turismo de Galicia aportará 60.000€ para la promoción de los recursos turísticos de Terras de Pontevedra

Se pondrá en marcha actividades orientadas a la puesta en valor y sensibilización de visitantes y vecinos, con especial hincapié en la comercialización del turismo arqueológico. […]