Starlight

Na súa aposta polo turismo astronómico a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, ven de instalar no Parque Nacional das Illas Atlánticas catro grandes planisferios estelares que facilitarán aos visitantes a observación e interpretación do ceo nocturno permitíndolles identificar cales obxectos celestes permanecen visibles e cales estarán ocultos nun momento determinado.

Concretamente, estas cartas estelares atópanse no Alto da Campá en Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na Aldea de Sálvora. Grazas á súa colocación, a contemplación das estrelas pode realizarse a calquera hora e día do ano, aproveitando unha visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, un espazo acreditado pola Unesco como destino Starlight.

Esta nova acción encádrase no marco das actividades para desenvolver produtos atractivos para o visitante baseados na observación e contemplación do ceo nocturno e as estrelas como charlas divulgativas e actividades de fotografía dos ceos durante a noite e están proxectados cursos de formación para guías e a elaboración de material informativo de apoio. Tamén se realizaron rutas starlight con astrónomos amateur con experiencia educativa nas Illas Cíes e nos cámpings deste e Ons se presentaron actividades pata familias e nenos baixo o título Descubrindo os nosos ceos.

12 de Abril de 2017

A Xunta instala catro grandes planisferios estelares nas Illas Atlánticas para seguir impulsando o turismo astronómico

Na súa aposta polo turismo astronómico a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, ven de instalar no Parque Nacional das Illas Atlánticas […]
31 de Agosto de 2016

Terceira edición das xornadas Astrotrevinca para achegar a astronomía a todos os públicos

Do 2 ao 4 de setembro o municipio ourensán da Veiga celebrará a terceira edición das xornadas Astrotrevinca, co obxectivo de achegar a astronomía a todo […]
20 de Xuño de 2016

O Galician Cinema&Food Festival tende pontes entre Nova York e Galicia

O festival levou á cidade norteamericana películas de produción galega e gastronomía atlántica Entre o 20 e o 23 de xuño o Instituto Cervantes de Nova […]
25 de Xaneiro de 2016

“Lo que la noche esconde”, Fitur acogió la presentación de los dos espacios Starlight gallegos

El Parque Nacional de las Islas Atlánticas y el Alto de Pena Trevinca, en A Veiga, comparten al menos un punto en común: gozan de los […]