Co aval do Consorcio Zona Franca de Vigo, xa está aberta a terceira edición de Vía Exterior, a aceleradora multi-sectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das PEMES galegas.
A iniciativa proporciona asesoramento e formación personalizada a cada unha das 20 empresas participantes durante 6 meses, sen custos de inscrición e co notable éxito das empresas participantes nas dúas anteriores edicións, xa que tras o seu paso pola aceleradora conseguiron mellorar notablemente a súa presenza nos mercados exteriores.
As prazas son limitadas a 20 empresas e o prazo para inscribir a candidatura está aberto até o 12 de xullo. Aquelas pemes que sexan eligidas contarán cun titor persoal e profesores especialistas nas temáticas concretas da internacionalización con experiencia real en mercados xeográficos onde as empresas queiran aumentar a súa presenza. Cóntase con máis de 20 mentores con experiencia en máis de 50 mercados diferentes.