Portos de Galicia

O obxectivo é continuar avanzando no posicionamento de Galicia como destino de turismo náutico de referencia internacional.

Turismo de Galicia, Portos de Galicia, AGADER e a Asociaciación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de dous novos proxectos costeiros que poñan en valor os recursos marítimos e fluviais de Galicia, contribuíndo a situar a Galicia a nivel internacional como referente do turismo náutico.

Trátase dos proxectos europeos Ecodestin_3In e Capiten, nos que o Goberno autonómico, a través de Turismo de Galicia e da Consellería de Medio Rural, e o sector náutico se alían cun convenio de colaboración até 2020 asinado por Turismo de Galicia e Agader con AGAN. A través de Ecodestin_3IN, Galicia busca consolidarse como destino náutico os 365 días do ano mediante a creación, promoción e comercialización de 50 novos produtos vinculados coa cultura do mar, a náutica recreativa e o patrimonio natural da Comunidade galega. De entre estes produtos a estrela son os Minicruceiros Costeiros polas Rías de Galicia, en funcionamento desde o ano pasado, nos que participarán máis de 4.000 persoas nas diferentes saídas previstas até o mes de outubro.

O segundo dos proxectos, Capiten -no que ademais se inclúen 18 socios de Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal-, impulsa a creación do Clúster Náutico que traballará para converter os portos galegos en puntos de información turística, atraer a Galicia novos turistas nacionais e internacionais e facer extensiva a experiencia dos Minicruceiros Costeiros polas Rías ao norte de Galicia.

Este segundo proxecto europeo ten o seu marco de actuación nas provincias de Lugo e A Coruña, onde se pretende implantar cruceiros costeiros ou pequenos cabotajes, similares aos minicruceros que xa operan na actualidade nas Rías Baixas.

10 de Setembro de 2018

Turismo de Galicia reforza a súa colaboración con AGAN para o impulso de dous novos proxectos costeiros

O obxectivo é continuar avanzando no posicionamento de Galicia como destino de turismo náutico de referencia internacional. Turismo de Galicia, Portos de Galicia, AGADER e a […]
10 de Xullo de 2018

A Royal Yachting Association (RYA) explora opcións de colaboración cos portos deportivos galegos

Co obxectivo de establecer vías de colaboración estables, a Consellería de Mar, Portos de Galicia e a Royal Yachting Association (RYA) mantivo un encontro en Galicia […]
12 de Abril de 2018

Galicia confirma a súa presenza nas feiras náuticas Salón Grand Pavois de Francia, os Salóns Náuticos de París, Londres e Dusseldorf ou a Southampton Boat Show do Reino Unido

Portos de Galicia e Turismo de Galicia asinaron un convenio para continuar intensificando a aposta polo turismo náutico e a consolidación de Galicia como un destino […]
04 de Abril de 2018

A Xunta deseña a segunda fase do Plan estratéxico da náutica recreativa, co horizonte posto en 2020-2028

Dando continuidade á folla de ruta do sector turístico náutico, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a traballar no deseño da […]