A Xunta consensúa co sector os obxectivos para avanzar no plan de dinamización territorial do cinco denominacións de orixe do viño. Baixo a máxima da cooperación entre administracións e co sector turístico, o obxectivo que se persegue é mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, impulsado a oferta turística nas zonas de produción a través do futuro Plan estratéxico de dinamización territorial do cinco denominacións de orixe de viño de Galicia.
No encontro, no que tamén estivo presente o Clúster Turismo de Galicia, se insitió na necesidade de realizar un maior aproveitamento dos recursos do territorio como clave para dinamizar os espazos rurais.?Galicia é coñecida pola súa gastronomía e vinculala ao seu territorio é fundamental para impulsar economicamente esas zonas?, destacou o conselleiro de Medio Rural, José González, quen lembrou que o sector do viño implica a máis de 13.000 viticultores e máis de 460 adegas que producen un valor estimado de máis de 206 millóns de euros no mercado, ademais de ser o sector máis exportador da economía galega, segundo indicou tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Neste ámbito, lembrou que até o próximo 16 de maio está aberta a primeira convocatoria da Business Factory Food, a aceleradora do sector agroalimentario que busca impulsar novos proxectos que acheguen ideas innovadoras a este ámbito.
Estratexia Galicia Sabe
Para conseguir eses fins, o plan vai desenvolver unha serie de actuacións que se basean na elaboración de indicadores socioeconómicos, desde os demográficos até os relacionados co emprego ou o valor engadido, entre outros. Tamén se fará un estudo da cadea de valor do viño e do sector turístico, así como unha análise pormenorizada do patrimonio natural, cultural e paisaxístico.
Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo fixo fincapé na Estratexia Galicia Sabe, unha nova folla de ruta que axudará a definir prioridades e a planificar a actividade deste tipo de turismo no próximos catro anos. O obxectivo é impulsar un modelo de desenvolvemento sustentable e responsable a través de cinco liñas estratéxicas. Entre elas, atópase o recoñecemento e protección á cultura gastronómica de Galicia; a estimulación do coñecemento, a formación e o I+D+i; o impulso de produtos e liñas de traballo de turismo enogastronómico; a renovación da mercadotecnia e a comunicación; e a creación dun modelo de gobernanza.
En definitiva, como destacou Román Rodríguez, Galicia Sabe facilitará a aproximación entre o sector primario e o turismo e servirá tamén para potenciar o turismo rural cun modelo desestacionalizado e comprometido co medio ambiente e o territorio.