Pazo de Congresos de A Coruña

A Coruña e, en concreto o seu Palacio de Congresos Palexco, volve ser a sede elixida para celebrar unha nova edición do Congreso Lo que de verdad importa, un encontro que se celebrará o próximo 16 de marzo co fin de achegar aos novos valores humanos universais como a tolerancia, a superación, o respecto ou a solidariedade a través de relatorios e testemuños como os de Pedro García Augado, Campión olímpico de waterpolo, quen tras deixar o equipo polas súas adiccións agora dirixe a súa vida a axudar aos mozos para librarse delas; Toni Nadal, adestrador do tenista Rafa Nadal; Irene Vila, á que un atentado terrorista de ETA deixouna sen unha perna e tres dedos; Bertín Osborne, ao que lle cambiou a vida co nacemento do seu fillo Kike, cunha lesión cerebral; María Belón, sobrevivente do tsunami do 2004 e protagonista real da película “Lo imposible”; María de Villota, piloto de Fórmula 1, exemplo de superación despois de sufrir un grave accidente; Sandra Ibarra, Modelo, emprendedora e exemplo de optimismo e esperanza, autora do libro “As contas da felicidade” ou Enhamed Enhamed, considerado un dos mellores nadadores paralímpicos da historia e coach, entre outros participaron noutras edicións.

A este congreso, que se celebrou en varias cidades españolas desde 2007 e na Coruña desde o ano 2010, asisten miles de mozos para escoitar historias de vida impactantes que lles fan reflexionar sobre as súas prioridades e darse conta de loque de verdade importa para eles.

A Fundación o que de verdade importa ten por fin promover o desenvolvemento e a difusión dos valores humanos, éticos e morais universais ao público en xeral fundamentalmente mediante o desenvolvemento de actividades culturais. Para máis información: www.loquedeverdadimporta.org

22 de Febreiro de 2016

Palexco acollerá unha nova edición do Congreso Lo que de verdad importa

A Coruña e, en concreto o seu Palacio de Congresos Palexco, volve ser a sede elixida para celebrar unha nova edición do Congreso Lo que de […]
03 de Agosto de 2015

Abierto el plazo de inscripción para participar en el III Congreso de Calidad Turística organizado por el ICTE

El Pazo de Congresos de A Coruña acogerá este evento del 28 al 30 de octubre Desde esta semana y hasta el próximo mes de octubre, […]