outono gastronómico

A 13ª edición do “Outono Gastronómico en Turismo Rural” celebrarase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro a través de toda a xeografía galega da man de 86 establecementos participantes que, ademáis de aloxamento, ofrecerán diferentes menús elaborados con produtos galegos de temporada.

Como novidade este ano, baixo a marca “Outono Plus” ofreceranse outro tipo de actividades como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas ou lugares de interese paisaxístico ou cultural, actividades deportivas, circuítos termais ou mesmo un escape room.

O titular de Cultura e Turismo, Román Rodríguez explicou que os datos avalan a “fórmula exitosa” desta actividade. No que respecta á última edición, preto de 5.000 persoas decidiron achegarase a algún dos 86 establecementos adheridos, xerando un volume de facturación superior aos 300.000 euros. Os negocios participantes cualificaron cun 4,7 sobre 5 a súa experiencia neste evento e nove de cada dez amosáronse partidarios de repetir a experiencia.

Na edición deste ano participarán 86 establecementos de turismo rural, 24 na Coruña, 22 en Pontevedra e 20 en Lugo e Ourense que ofrecerán menús de entre 30 e 300 euros. Entre as modalidades que ofertarán para gozar desta actividade en parella, en familia ou con amigos figura o Menú Outono Gastronómico –sen pasar a noite–, o Paquete Outono Gastronómico para unha noite, o Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas noites o Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos.

No acto de presentación desta actividade, Román Rodríguez tivo tamén palabras para aplaudir “o bo facer dos nosos establecementos de turismo rural”, unha tipoloxía de aloxamento que durante o primeiro semestre do ano experimentou un incremento de preto do 12% na súa cifra de viaxeiros en toda Galicia.

O Gobernó galego traballa nesta altura nunha Estratexia de Turismo Rural que inclúe unha clasificación por estrelas para este tipo de establecementos, ao igual que sucede co resto de tipoloxías.

03 de Setembro de 2019
Outono Gastronomico

A Xunta de Galicia impulsa o 13º “Outono Gastronómico en Turismo Rural” coa participación de 86 establecementos galegos

A 13ª edición do “Outono Gastronómico en Turismo Rural” celebrarase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro a través de toda a xeografía […]
21 de Xaneiro de 2019

O ‘Outono gastronómico’ rural pecha edición con case 5.000 participantes

O ‘Outono gastronómico en turismo rural’, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pechou a súa edición 12 coa participación de 4820 persoas, que optaron por […]
04 de Setembro de 2018

O Outono Gastronómico en Turismo Rural contará coa participación de 86 establecementos e 172 menús diferentes

Entre o 14 de setembro e o 16 de decembro Turismo de Galicia volve pór en marcha a súa iniciativa Outono Gastronómico, coa que se pretende […]
08 de Xaneiro de 2018

Máis de 2500 persoas participaron na 11ª edición do Outono Gastronómico

A combinación de turismo rural e gastronomía foi elixida por máis de 59.000 persoas nos 11 anos desta iniciativa impulsada por Turismo de Galicia A 11ª […]