O Consello da Xunta autorizou a modificación dun artigo do decreto de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo co obxectivo de adaptalo ao marco europeo. En concreto, a modificación afecta o artigo 16 do Decreto 42/2001, no referente ás garantías que deben constituír as empresas organizadoras de viaxes combinadas para os usuarios. A garantía derivada desta modificación proporcionará así máis protección ás persoas usuarias.
A garantía derivada desta modificación proporcionará así máis protección ás persoas usuarias, fronte á quebra ou insolvencia das empresas organizadoras de viaxes combinadas, que deberán constituír esta garantía con carácter previo ao exercicio da súa actividade e mantela de modo permanente. Esta garantía permitirá responder o incumprimento das obrigacións derivadas da prestación dos servizos contratados e ao reembolso efectivo dos pagos realizados polos viaxeiros na medida en que estes non se presten. O decreto foi sometido ao perceptivo informe do Consello de Turismo así como á consulta das organizacións máis representativas do sector, entre a que que se contaron o Clúster Turismo de Galicia, e ao informe do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. A súa entrada en vigor será ao día seguinte da súa publicación no DOG.