Deputación de Pontevedra e Minube, xunto con Smartpeme e Turismo Rías Baixas, organizan o “Desafío Hackathon: DESTInno” que tamén contará coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia. Este hackathon desenvolverase no marco da II Jornnada TurisTIC que terá lugar en Vigo. Nel reuniranse profesionais do sector tecnolóxico con profesionais do turismo para desenvolver ideas que, na práctica, impulsen destinos turísticos intelixentes, como poden ser as aplicacións móbiles. Este espazo de traballo para o desenvolvemento colaborativo de solucións tecnolóxicas terá lugar na Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo, durante os días 8 e 9 de abril de 2019.
Desafío Hackathon: DESTInno sobre destinos turísticos intelixentes celébrase con motivo da II Xornada TurisTIC de Pontevedra, unha iniciativa deseñada pola Deputación de Pontevedra para dar apoio ao sector turístico provincial en materia de novas tecnoloxías. Neste contexto, o hackathon #DesafioDESTInno tratará de fortalecer a competitividade entre destinos en base a conceptos de: accesibilidade, sustentabilidade, innovación e tecnoloxía.
Os participantes, en grupos de até 3 persoas, poderán competir para desenvolver a aplicación máis innovadora desde as 10:00 horas do luns até as 15:00 horas do martes. Os integrantes do grupo (profesionais ou estudantes de diferentes sectores do campo da programación informática, deseño web e app e do sector turístico) competirán por facerse cun dos 3 premios, presentando as súas ideas máis innovadoras para unha xestión tecnolóxica que garante o éxito do turismo. Desta maneira, Deputación de Pontevedra e Minube contribúen na industria turística con accións que garanten que, unha boa xestión do turismo pode facerlle operar como axente de cambio.
Ademais de conseguir para todos os participantes unha participación noutro concurso de desenvolvemento, haberá tres premios ás mellores aplicacións:
Zona Franca de Vigo patrocina o 1º premio de 3.000€
Clúster TIC de Galicia patrocina o 2º premio de 1.000€
Clúster de Turismo de Galicia patrocina o 3º premio de 500€