internacionalizaciónación

Implantarase o grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira na Universidade de Santiago coa colaboración do sector

A Xunta de Galicia presentou o plan de acción 2020-2025 do Centro Superior de Hostalaría de Galicia co ojbetivo de impulsar unha renovación total do centro que inclúe, entre outras accións, a mellora da oferta formativa, a aposta pola internacionalización e realización de actuacións de renovación das instalacións deste centro, que este ano celebrou o seu 25 aniversario. A nova folla de ruta, que foi presentada polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez inclúe, ademais, unha estratexia de formación para profesionais en activo que favoreza a reciclaxe profesional e o estudo de novas tendencias e un viveiro de empresas no centro para dinamizar a actividade emprendedora e tecer alianzas con referentes do sector en todo o mundo

O responsable de Cultura e Turismo explicou que o plan conta cun investimento de máis de 5 millóns de euros para pór en marcha acciones centradas na sustentabilidade, a calidade e a mellora da competitividade e a profesionalización do sector. Neste sentido, Rodríguez destacou a implantación do grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira que botará a andar na USC no curso 2021-2022, coincidindo coa celebración do Xacobeo 21 e que contará coa participación e implicación do Clúster Turismo de Galicia e doutros profesionais do sector a nivel autonómico, nacional e internacional. A implantación deste grao culminará no ano 2025 cando finalicen os seus estudos os alumnos da primeira promoción egresada.

Formación para profesionais en activo
A mellora formativa do CSHG completarase cunha estratexia de formación para profesionais en activo, xa en fase de deseño, no que se incluirán a celebración de cursos, seminarios, accións formativas ou foros de debate. De feito, leste mesmo ano iniciaranse os primeiros cursos de idiomas para profesionais co fin de mellorar a súa formación e favorecer a súa capacidade de traballo en contornas diversas e multilingües. Ademais, no ámbito da internacionalización promoveranse estancias profesionais, intercambios e a participación en distintos proxectos europeos e internacionais cos principais axentes, profesionais e centros referentes no sector en todo o mundo.

Por último, o plan de actuación recolle unha modernización das súas instalacións e servizos, entre os que figura unha reforma integral da envolvente do edificio co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética. “Imos mellorar o equipamento de maneira progresiva co obxectivo de que sexa un reflexo dun turismo moderno e sustentable”, puntualizou o titular de Cultura e Turismo, que asegurou que estas actuacións favorecerán un aforro enerxético de case 45.000 euros ao ano.

24 de Setembro de 2019

O CSHG afronta un plan de renovación por importe de máis de 5 millóns de euros para converterse en centro de referencia en innovación turística

Implantarase o grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira na Universidade de Santiago coa colaboración do sector A Xunta de Galicia presentou o plan de acción […]