O Real Club de Ulzama acolleu a 2ª proba do Circuíto que se celebrou o pasado martes 14 de maio, onde case 100 xogadores participaron para conseguir acceder á gran final en Augas Santas (Pantón) en plena Ribeira Sacra, o 24 e 25 de setembro.
Cun tempo excelente, o campo estaba en perfectas condicións de xogo e os xogadores puideron gozar deste impresionante percorrido infestado de carballos centenarios.
Os afortunados gañadores que poderán gozar cos seus respectivos acompañantes foron, en categoría scratch Javier Taberna e en hándicap Javier Arellano, o premio á mellor dama foi para Susana Beñaran e ao mellor mastersénior correspondeulle a Gabriel Nagore.
En canto aos premios especiais, o premio Martin Códax, o mellor drive feminino levoullo Esther Adarraga e o de cabaleiros gañouno Javier Taberna. A bóla máis próxima no foxo 6, premio Aceites Abril foi para Javier e no foxo 15, premio Viña Farnadas adxudicoullo Purita Niño. O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap, Mª Luisa Fernandez Asensio.
Todos os xogadores puideron gozar dun refrixerio a metade de percorrido, así como unha degustación dunha selección de produtos galegos.