geodestino

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu seis geodestinos. A través dun vídeo xeral e un para cada un dos distintos destinos compoñen a campaña, que se difunde nas redes, o ente público quere promocionar as distintas experiencias e paisaxes animando a compartilas nas redes sociais.

“A iniciativa forma parte da estratexia promocional da área de turismo da Deputación da Coruña e tenta ofrecer unha sutil información sobre o que caracteriza este territorio que pode funcionar como chamada, é dicir, patrimonio, paisaxe, camiños e diversión”, explica o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira.

Paisaxe, patrimonio e gastronomía son algúns dos recursos que protagonizan a nova oferta promocional da área de Turismo da Deputación da Coruña que difunde a oferta turística a través dun vídeo xeral no que unha visitante lle vai dando “gústame” nas redes sociais a diferentes espazos naturais e patrimoniais da provincia, exercicio que é un dos obxectivos da nova campaña: conseguir que a xente se faga eco e difunda a beleza e a oferta de calidade dos distintos destinos da Coruña.

Ademais do vídeo xeral, a campaña inclúe seis curtas particulares dedicadas a Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte nos que aparecen mostras deste patrimonio de gran valor turístico como son: a torre de Hércules e o porto da Coruña, a fervenza do Ézaro e o cabo Fisterra na Costa da Morte, o monte Louro e o castro de Baroña na ría de Muros e Noia, a praza do Obradoiro nas Terras de Santiago, e o cabo Ortegal ou o mosteiro de Caaveiro de Ferrolterra.

Os vídeos pódense ver tanto nas redes sociais da Deputación de Coruña como na súa web (https://turismo.dacoruna.gal) e nas dos entes de xestión dos distintos xeodestinos.

08 de Agosto de 2018

A Deputación a Coruña promociona o seu seis geodestinos turísticos a través dunha campaña en liña

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu […]
11 de Maio de 2018

O futuro dos geodestinos turísticos galegos pasa polo traballo conxunto e planificado

Noia acolleu un seminario de traballo no que se deron cita 19 destinos turísticos galegos para analizar a súa situación e papel no sector galego O […]
14 de Decembro de 2017

Dez concellos conforman o geodestino Condado Paradanta, que estrea web e propostas turísticas

O Hotel Balneario de Mondariz acolleu a presentación do geodestino Condado Paradanta, liderado polo concello de Ponteareas e composto por estes concellos e os da Cañiza, […]