Galicia-Norte de Portugal

A AECT Río Minho está composta por 16 municipios galegos e 10 cámaras portuguesas e abarca un territorio con grandes potenciais de desenvolvemento turístico

A nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho nace co espírito de funcionar como ferramenta xurídica para optar e xestionar fondos europeos e potenciar así o territorio da fronteira formado por 16 concellos do Sur de Pontevedra e 10 câmaras do Norte de Portugal. A nova AECT permitirá tamén promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño. De feito, preténdese que estea ao servizo das eurocidades existentes agora mesmo na fronteira, xa que a AECT está amparada por unha lexislación propia para operar en España e Portugal con maiores facilidades burocráticas e administrativas que na actualidade. “Tui-Valença, Salvaterra-Monçao, Tomiño-Vila Nova de Cerveira ou A Guarda-Caminha poderán desenvolver proxectos conxuntos de cooperación transfronteiriza moito máis facilmente que agora. A AECT aforrará moitos trámites”, explicou o deputado Uxío Benítez, representante por parte da Deputación de Pontevedra, un dos socios principais da entidade.
A AECT Río Minho será a oitava agrupación destas características que se crea na península ibérica para desenvolver territorios transfronteirizos e formará parte do grupo das máis de 70 existentes na UE despois de que se aprobase como fórmula xurídica no ano 2006 sendo a AECT situada na fronteira máis poboada e con maior tránsito de vehículos dentro do territorio peninsular, xa que acumula practicamente a metade de viaxes de toda a fronteira con Portugal só no treito da provincia de Pontevedra.
Unha vez que este sábado se proclame o nacemento oficial da Agrupación Europea do territorio do Miño coa firma do convenio entre os seus dous principais socios (Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho) e dos seus estatutos, será necesaria a súa publicación no Diario Oficial da República portuguesa para, posteriormente, reunir á asemblea xeral o próximo mes, onde se elixirá presidente.
Potencialidades turísticas
Segundo explicou Benítez, o territorio do Miño que se beneficiará da AECT abarca 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes e “ten unha determinación e unha identidade, paisaxe e condicións socioeconómicas conxuntas” que é preciso pór en valor.
O deputado destaca que a súa situación xeoestratéxica no eixo Vigo-Porto fai que este territorio teña unhas potencialidades de desenvolvemento moi grandes, polo que é preciso potenciar os seus valores ambientais e, sobre todo, turísticos. “Ese será un dos principais e máis importantes labores da nova AECT: o desenvolvemento dunha marca turística do río Miño que permita articular unha estratexia conxunta de todo o territorio e non só concello a concello”, resaltou.

07 de Marzo de 2018

Nova entidade de cooperación territorial para o desenvolvemento dunha marca turística do río Miño

A AECT Río Minho está composta por 16 municipios galegos e 10 cámaras portuguesas e abarca un territorio con grandes potenciais de desenvolvemento turístico A nova […]
15 de Febreiro de 2018

Turismo de Galicia avanza na definición dun proxecto conxunto co norte de Portugal ao redor do Camiño de Santiago

A través do proxecto “Facer Caminho”, Galicia e Norte de Portugal pon en marcha un novo proxecto conxunto co obxectivo de seguir impulsando proxectos de cooperación […]
31 de Maio de 2017

Ourense acolle o I Semana Vitivinícola de Galicia con actividades formativas e de divulgación do viño

Impulsada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), o I Semana Vitivinícola de Galicia celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Ourense, unha […]
09 de Febreiro de 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster […]