Segundo os datos extraídos de Frontur, España recibiu en agosto 10,2 millóns de turistas internacionais, o 1,9 % menos que no mesmo mes de 2017. Con este dato mantense a senda de leves caídas detectadas nos meses precedentes, ao descender a chegada de viaxeiros dos dous principais mercados emisores, Reino Unido e Alemaña, polo que este ano non se alcanzará nin superará a marca de turismo estranxeiro marcado en 2017.

Se embargo, como nota positiva, o informe relativo ao gasto turísico, EGATUR, elaborado tamén polo INE como Frontur, establece que o gasto total dos turistas internacionais que visitan España en agosto aumentou un 1,8% respecto ao mesmo mes de 2017, situándose o gasto medio diario en 139 euros, un 10,7% máis que en agosto de 2017

Así, aínda que o número total de viaxeiros internacionais descendeu, o seu gasto total incrementouse até alcanzar os 11.539 millóns de euros, o que supón un aumento do 1,8% respecto ao mesmo mes de 2017. E é que o turista internacional que visitan España en agosto gasta de media ao redor de 1.131 euros na súa estancia, cun aumento anual do 3,7%, aínda que non incrementa os seus días de estancia, que se sitúan ao redor dos oitos días de media, polo que se detecta un turista de maior valor engadido.
Durante o oito primeiros meses de 2018 o gasto total dos turistas internacionais ha aumentado un 2,8% respecto ao mesmo período do ano anterior, alcanzando os 62.230 millóns de euros gastados polos 57,3 millóns de turistas estranxeiros que elixiron España, cifra que supón unha lixeira caída no acumulado de turistas internacionais de apenas un 0,1 % , segundo a Estatística de Movementos Turísticos en Fronteiras (Frontur).

O Reino Unido foi o principal mercado emisor en agosto con 2,2 millóns de turistas, seguido de Francia e Alemaña sendo Cataluña o primeiro destino principal dos turistas en agosto, co 23,9% do total, aínda que o número de visitantes internacionais -2,4 millóns- caeu un 5 % con respecto a agosto de 2017. O segundo destino foi Illas Baleares, onde chegaron 2,3 millóns de turistas, un 2 % menos que hai un ano, e o terceiro, Andalucía, con 1,4 millóns de turistas e un aumento anual do 1,1 %.

03 de Outubro de 2018

Cae o turismo internacional que chega a España pero sobe o seu gasto medio

Segundo os datos extraídos de Frontur, España recibiu en agosto 10,2 millóns de turistas internacionais, o 1,9 % menos que no mesmo mes de 2017. Con […]
23 de Xullo de 2018

España sitúase na cuarta posición mundial en turismo de congresos

O informe do Spain Convention Bureau (SCB) recolle que o ano pasado o noso país albergou case 5 mil congresos que supuxeron algo máis de 6.100 […]
20 de Xullo de 2018

O turismo familiar, o terceiro en volume de negocio

Que o turismo familiar experimentou nos últimos anos un crecemento exponencial no noso país é indubidable. Así, por exemplo, un estudo do Ministerio de Industria e […]
12 de Xullo de 2018

A Vivenda de Uso Turístico xerou en España máis de 62 mil millóns de euros en destino

HomeAway presenta o seu V Barómetro do Aluguer Vacacional en España que inclúe, por vez primeira, as achegas do mercado británico, francés e alemán a este […]