enoturismo

A Ruta do Viño Rías Baixas está de parabén despois de bater unha nova marca en canto ao número de enoturistas que elixiron algunha das adegas da única ruta do viño galega certificada polo club de produto Rutas dos Viños de España. Con máis de 115.000 visitantes durante 2017, un 13,3% máis que no ano anterior, a ruta do viño galego convértese así na sexta Ruta do Viño de España, cun impacto económico de máis de 1,6 millóns de euros.

Así se desprende do Informe sobre visitas a adegas e museos asociados das Rutas do Viño de España presentado por ACEVIN no que se recolle tanto o número de visitantes como o impacto económico dos 27 itinerarios certificados por este Club de Produto. No seu conxunto en 2017 as Rutas do Viño de España rexistraron un incremento global do 18,38% de visitantes, o que se traduciu nun total de 3.213.267 visitas durante o pasado ano.

Por primeira vez, o informe de ACEVIN desagrega o número de visitas por adegas e por museos adheridos ás distintas Rutas do Viño de España. No que respecta ao primeiro grupo, Rías Baixas sitúase como o sexto itinerario de España con maior número de enoturistas, alcanzando un total de 110.096 persoas, un 12,73% delas estranxeiros. Sitúanse por diante dela Marco de Xerez, Penedés, Ribeira do Douro, Rioxa Alta e Rioxa Arabesa. No caso dos museos do viño, alcanzáronse 5.363 visitantes, quedando, neste caso, no oitavo posto. Finalmente, o informe de ACEVIN analiza o impacto económico do sector enoturístico promovido desde as 27 Rutas do Viño de España analizadas. Os datos sobre a Ruta do Viño Rías Baixas indican que o gasto medio por visitante a adegas é de 15,02 euros, o que suporía un ingreso total de 1.653.641,92 euros. A esta cifra cabería sumar o impacto económico noutros sectores turísticos da zona.

No conxunto xeral das Rutas do Viño de España, estímase que o volume de negocio producido a través do enoturismo ascende, de acordo o informe de ACEVIN, a 67.191.579 euros, un 23,89% máis respecto ao exercicio 2016. A estimación de gasto medio diario por enoturista é de 156,6 ? e que a estancia media é de 2,54 días, o desembolso total medio nas Rutas do Viño de España ascende a case 400 ?.

O informe completo de Visitas a adegas e museos do viño asociados ás Rutas do Viño de España 2017 pódese ver e descargar na súa web a través deste link: https://www.wineroutesofspain.com/bd/archivos/archivo873.pdf.

18 de Abril de 2018

A Ruta do Viño Rías Baixas convértese na sexta Ruta do viño de España con maior número de enoturistas en adegas

A Ruta do Viño Rías Baixas está de parabén despois de bater unha nova marca en canto ao número de enoturistas que elixiron algunha das adegas […]
17 de Abril de 2018

Arrinca a segunda convocatoria anual do programa Re-acciona cunha xornada sectorial sobre enoturismo

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de abrir a segunda convocatoria do ano para a solicitude dos servizos que ofrece co programa Re-acciona. Por […]
15 de Marzo de 2018

Camelias e viños durante todo o mes de marzo en Sevilla

Durante todo o mes de marzo camelias e viños serán os protagonistas da campaña de promoción que Turismo de Galicia puxo en marcha no territorio nacional. […]
13 de Marzo de 2018

As “Notas de Cata” inauguran a programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas con degustación de viños, conservas e música

As sesións comezan o 16 de marzo en Pontevedra e chegarán ata O Porto nunha programación que este ano inclúe actividades formativas A Ruta do Viño […]