Convención Global ASTA

Empresas galegas participan esta semana na Convención Global ASTA organizada pola Asociación de Axencias de Viaxes Americanas que se está a celebrar na cidade de Miami. Da man do Clúster de Turismo de Galicia e dentro do espazo reservado para Turespaña, os turoperadores Rutas Meigas, Pilgrim, Galiwonders, SimplyTravel Galicia, Interrías e Eatour Specialist mantiveron encontros de traballo e citas profesionais para promover o destino galego no mercado estadounidense e reforzar os lazos turísticos entre ambos, pensando tamén nas oportunidades do Xacobeo 2021.

Galicia está presente este ano por primeira vez na Convención Global ASTA, á que asisten máis de 1.200 participantes e onde persoal da Xunta e membros do sector turístico galego impartiron un curso de capacitación sobre o destino Galicia a máis de 150 axentes.

O estadounidense é xa o terceiro mercado internacional do que proveñen máis viaxeiros, por detrás de Portugal e Alemaña. O ano pasado máis de 110.000 turistas de EEUU escolleron Galicia e no que vai de ano a demanda turística de este país está a medrar a un ritmo do 20%.

28 de Agosto de 2019
Convencion ASTA

Empresas galegas asisten en Miami á Convención Global ASTA para achegar a oferta da nosa comunidade ao mercado estadounidense

Empresas galegas participan esta semana na Convención Global ASTA organizada pola Asociación de Axencias de Viaxes Americanas que se está a celebrar na cidade de Miami. […]