congresos

Asturias volve acoller o Congreso Europeo de Turismo Rural, COETUR 2017, que se celebrará en Torazo (Cabranes) o 23 e 24 de maio baixo o título “O sector ante o espello: crise superada?. Impulsado por Escapadarural.com, o seu obxectivo principal é converterse nun punto de encontro para o sector, onde os empresarios poidan coñecer de primeira man as claves para reinventarse e crear destino a través do seu aloxamento.

A aprendizaxe despois da crise sufrida polo sector do turismo rural nos últimos anos, a gastronomía como gancho turístico, a economía colaborativa, o movemento asociativo ou os cambios no perfil do viaxeiro e na forma de comercializar esta oferta, coa irrupción das novas tecnoloxías, serán algúns dos aspectos que se abordarán ao longo das dúas xornadas do congreso, no que se darán cita tanto expertos no sector como empresarios e profesionais para dar conta das súas propias experiencias. Como novidade, COETUR incorpora este ano mesas de traballo que permitirán aos participantes traballar sobre paquetización, propostas de valor engadido, xestión…

Información sobre o programa e inscricións a través deste enlace

15 de Maio de 2017

Asturias acolle o IV Congreso Europeo de Turismo Rural

Asturias volve acoller o Congreso Europeo de Turismo Rural, COETUR 2017, que se celebrará en Torazo (Cabranes) o 23 e 24 de maio baixo o título […]
20 de Febreiro de 2017

Arredor de 300 profesionais do segmento MICE asistiron ao congreso nacional de OPC

O 29º Congreso Nacional de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos de OPC España, da que forma parte OPC Galicia, celebrouse en Lleida coa participación de case […]
25 de Maio de 2016

Salamanca acollerá o Congreso de Hostaleiros Españois en novembro

Máis de 400 profesionais daranse cita para abordar os retos máis importantes que afronta esta industria A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) decidiu […]
05 de Abril de 2016

Manzaneda acolle o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña

A Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda acolle os días 9 e 10 de abril o I Congreso Galego de Neve e Montaña. Integrando seguridade, deportes, […]