Compostela

O TSXG xa ratificou a denegación da medida cautelar solicitada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña para deixar en suspenso as limitacións de apertura do lecer nocturno
A hostalaría compostelá tampouco acata o acordo coa Xunta 

Mentres a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago non están dispostas a asumir os compromisos aos que chegaron coa Xunta os representantes do sector en Galicia, nos que se asumía o peche do lecer nocturno como medida cautelar para a limitación da propagación da COVID19, as asociacións de hostalaría de Pontevedra, Lugo e Coruña tamén iniciaron os seus movementos conxuntos en contra da resolución da Consellería de Sanidade aprobada o pasado 14 de agosto e que os profesionais deste sector consideran “desproporcionada” e lesiva para os seus intereses. Por iso, entre as primeiras medidas que tomaron conxuntamente as asociacións provinciais de Pontevedra, Lugo e A Coruña, foi presentar un recurso para suspender a aplicación das disposicións que ordenan o peche dos locais de discotecas e demais establecementos de esparexemento nocturno, e que fixan como hora máxima de peche as 00:30 horas.

Con todo, a  Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa fallou na súa contra e denega a medida cautelar, ordenando que se manteñan as medidas preventivas cuestionadas pola indubidable preponderancia do interese xeral na protección da saúde pública, ao interese de hostaleiros e centros gastronómicos e de esparexemento.

Desde Feprohos indican que “o sector do lecer nocturno é unha das actividades empresariais e económicas que está a sufrir as peores consecuencias da crise do coronavirus”. Os empresarios lamentan que se estea proxectando na poboación “unha imaxe negativa da actividade, culpabilizándola de boa parte dos rebrotes” e aseguran que o sector “levou a cabo escrupulosamente todas as medidas sociais, hixiénicas e de seguridade que indicaron en todo momento as autoridades sanitarias”. Ademais do recurso que agora perderon, estudarán a posibilidade de convocar mobilizacións.

Lecer nocturno en Compostela 

Pola súa banda a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago  están a tentar chegar a un acordo co Goberno local de Santiago de Compostela para que os locais do lecer nocturno da cidade poidan traballar con licenza de bar e abrir así os seus negocios nos horarios permitidos a estes.

“Cremos que a noticia normativa que impide a apertura de bares de copas, salas de festas e discotecas e deber á redución horaria para todos os establecementos de hostalaría é unha medida mediática que non atende a criterios sanitarios. Criminaliza licenzas e non actividades”, opinan.

As dúas asociacións están, ademais, avaliando posibles accións legais contra esta normativa que discrimina á hostalaría nocturna e que supón un dano moi grave para un sector xa moi castigado.”De seguir así, suporá a perda de centos de empregos e o peche definitivo de decenas de establecementos na nosa cidade”, apuntan.

O sector advirte ademais que sen unha alternativa de lecer nocturno é moi probable que se multipliquen as reunións en espazos privados onde non hai ningún tipo de medidas de control, como si se están levando a cabo no interior dos locais de hostalaría (control de aforamento, distancia de seguridade, uso da máscara…).

Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago reclaman un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade económica do sector e fan un chamamento á responsabilidade individual e á realización de probas  PCR de maneira indiscriminada como máximo garantizadora da contención do virus.

31 de Agosto de 2020

As asociacións provinciais de hostalaría de Pontevedra, Lugo e A Coruña, unidas en contra da resolución da Xunta de peche do lecer nocturno

O TSXG xa ratificou a denegación da medida cautelar solicitada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña para deixar en suspenso as limitacións de […]
11 de Xullo de 2019

Hostalaría Compostela prevé unha ocupación media próxima ao 70% nas Festas do Apóstolo

A asociación fixo balance da ocupación en xuño e avanza perspectivas cautas para o mes de xullo A asociación Hostalaría de Compostela cifrou a ocupación dos […]
05 de Marzo de 2019

Nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago

Santiago de Compostela estrea nova oficina de turismo, situada no vestíbulo de chegadas do Aeroporto de Lavacolla. Trátase dunhas instalacións cunha superficie de 100 m² que […]