Clúster Turismo Tenerife

Tenerife acolleu a celebración da oitava edición do Fi2, o foro de innovación e tecnlogía de Canarias, que este ano estaba dedicado ao turismo

O Clúster Turismo de Galicia participou activamente no Foro de Competitividade Turística

Baixo o principio de que a innovación continua no sector turístico repercute na mellora da competitividade e a produtividade do sistema turístico, o recinto feiral de Tenerife acolleu recentemente a celebración do Fi2, o maior foro de innovación e tecnoloxía que se celebra en Canarias e que este ano chegaba á súa oitava edición centrado no sector turístico. Máis de cincuenta empresas afincadas en Canarias e oito proxectos universitarios déronse cita neste foro no que participaron máis de sete mil persoas vincualdas co turismo e os avances tecnolóxicos.

O Foro Fi2, concibido como un punto de encontro ao redor da innovación e desenvolvemento de novos produtos, buscando sinerxías e intermediación que permitan dar máis valor aos produtos, serviu para avanzar nas novas tendencias imperantes no sector turístico a través de conferencias, charlas e mesas redondas con diferentes expertos, ademais abordáronse diferentes casos de éxito a nivel nacional, así como a posible posta en marcha de novas fórmulas de negocio turístico en Canarias.

Durante o foro tamén se celebrou o Foro de Competitividade Turística, que se converteu nun un espazo de encontro entre o principais clúster nacionais. O Clúster Turismo de Galicia tamén estivo presente no evento, convidado o Clúster de Innovación Turística de Tenerife, nun encontro interclusters no que participaron representantes do Cluster Turismo Rural de Asturias, Rede Española de Turismo Accesible, Andalucía Smart City, Balears.t (Balears e turisme), Cluster Innova Gran Canarias e do Cluster Turismo de Estremadura nun acto que serviu para avanzar na cooperación entre clusters de turismo cos mesmo obxectivos así como pór en común un decálogo e unha folla de ruta común para todos eles.

Durante o evento non faltou tampouco o debate sobre a sustentabilidade dun modelo turístico como o de Canarias e a viabilidade de seguir incrementando o número de turistas que reciben as illas anualmente e, neste sentido, os participantes fixeron hinpapié na necesidade dun compromiso por parte do sector público e privado e da sociedade en conxunto para traballar pola sustentabilidade entendida como “unha forma de vida”. Deste xeito, desde a área Tenerife 2030 quérese pór de relevo a necesidade de apostar por un crecemento turístico sustentable e acorde á Illa e a súa sociedade.

04 de Outubro de 2017

A innovación, clave para a mellora da competitividade dun sector turístico, entre as conclusións do Foro Fi2

Tenerife acolleu a celebración da oitava edición do Fi2, o foro de innovación e tecnlogía de Canarias, que este ano estaba dedicado ao turismo O Clúster […]
24 de Novembro de 2014

Casos de éxito y análisis de futuro en el Encuentro de Clústers de Turismo en A Coruña

Los retos que debe afrontar el sector turístico gallego en un mercado globalizado y competitivo como el actual y el análisis en profundidad de este entorno […]