Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballarán nun protocolo de reactivación

Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas en desacordo coa Xunta e estudarán medidas legais contra a normativa que lles impide abrir

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, acordaron co sector do lecer nocturno galego traballar conxuntamente nun protocolo de reactivación para cando a situación sanitaria permita a reapertura deste tipo de locais e que incluirá as condicións e as fases nas que se producirá esa reapertura.

Xunta e a maior parte do os empresarios coincidiron en que os locais deben abrirse cando sexa sanitariamente seguro, unha posición que non comparten a totalidade deste colectivo, tal e como manifestaron os respresentantes da Asociación Hostalaría de Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago que manifestaron que non están dispostos a asumir os compromisos aos que os representantes do sector en Galicia chegaron coa Xunta.

Entre estes compromisos destaca, ademais, o da Administración autonómica para estudar a viabilidade da apertura das terrazas destes locais antes da reapertura do seu espazo interior, cumprindo en todo caso as mesmas condicións e horario de peche que teñen as de bares e restaurantes, do mesmo xeito que ocorreu durante o proceso de desescalada. A Xunta tamén estudará xunto aos representantes do sector as vías de financiamento dispoñibles.

Accións legais
Pola súa banda a Asociación Hostalaría Compostela e a de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago anunciaron que, ademais de oporse á norma que considera que ?non atende a criterios sanitarios e criminaliza as licenzas e non as actividades?, están a tentar chegar a un acordo co Goberno local compostelán para que os locais do lecer nocturno da cidade poidan traballar con licenza de bar e abrir así os seus negocios nos horarios permitidos a estes.

Ambas as asociacións están ademais avaliando posibles accións legais contra esta normativa que discrimina á hostalaría nocturna e que ?suporá a perda de centos de empregos e o peche definitivo de decenas de establecementos na nosa cidade?, apuntan, ademais de promover festas privadas ou botellóns non controlados.

É por iso que dese Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago reclaman un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade económica do sector e fan un chamamento á responsabilidade individual e á realización de probas PCR de maneira indiscriminada como máximo garante da contención do virus.

24 de Agosto de 2020

A Xunta estudará se as terrazas dos locais de lecer nocturno poderían abrir antes da reapertura dos espazos no interior

Goberno galego e empresarios de lecer nocturno traballarán nun protocolo de reactivación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago se manifestas […]
19 de Marzo de 2020

A Xunta mantén contacto co sector turístico para para preparar o peche que o Goberno central prevé decretar dos aloxamentos turístcios

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non […]