Camino de Santiago

Máis do 58% chegou a partir do Xoves Santo, rexistrándose picos de máis de 2.000 camiñantes ao día durante as xornadas festivas, segundo a Oficina do Peregrino
O Camiño Portugués e Portugués da Costa sitúanse no segundo e terceiro lugar das rutas máis transitadas por detrás do Camiño Francés

O Camiño de Santiago creceu un 61,34% durante esta semana Santa con respecto á de 2018, que se celebrou a finais do mes de marzo. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, entre o venres e o domingo recolleron a Compostela un total de 13.969 camiñantes. A maior parte deles chegaron a partir do Xoves Santo. En total, nese catro xornadas, foron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41% do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o venres e o sábado.

Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos peregrinos procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6% dos que recolleron a Compostela entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.

Esta porcentaxe variou nos días de maior afluencia. Así, a partir do Xoves Santo, foron maioritarios os peregrinos españois, que neses días representaron preto do 52% e procedían maioritariamente de Madrid, Andalucía, Cataluña ou Galicia.

Chegada repartida
Por itinerarios, máis da metade dos peregrinos (un 57,72%) realizaron o Camiño Francés. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, a segunda ruta máis percorrida durante estes días foi o Camiño Portugués, que foi escollida por máis do 23% dos peregrinos.

Destaca tamén o Camiño Portugués da Costa, que sobe unha posición con respecto á Semana Santa do ano pasado. En 2019 foi o terceiro itinerario máis percorrido e representou preto do 6% dos camiñantes que realizaron o Camiño de Santiago durante a Semana Santa. Seguíronlle o Camiño Inglés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno.

23 de Abril de 2019

O Camiño de Santiago medrou un 61% esta semana Santa cun total de 14.000 peregrinos

Máis do 58% chegou a partir do Xoves Santo, rexistrándose picos de máis de 2.000 camiñantes ao día durante as xornadas festivas, segundo a Oficina do […]
27 de Marzo de 2019

Turismo de Galicia abre a participación do seu Consello Reitor ao sector privado, a Fegamp e as deputacións provinciais

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a reunión deste órgano na que se repasaron as últimas estatísticas e os plans postos en marcha […]
22 de Febreiro de 2019

Investimentos e plan de seguridade: continúan os traballos para a posta a piques dos Camiños de Santiago de face ao Xacobeo2021

Galicia investirá 15,6M? para que todos os itinerarios do Camiño de Santiago cheguen ao Xacobeo 21 nas mellores condicións A Consellería de Cultura e Turismo propón […]
15 de Febreiro de 2019

Axentes do ámbito cultural e turístico vinculados co Camiño de Santiago danse cita para preparar o Xacobeo 21

O conselleiro de Cultura e Turismo presidiu unha reunión cos principais axentes públicos e privados da cidade cara á planificación do próximo Ano Santo O conselleiro […]