O Rio Natura Monbus Obradoiro aposta de novo pola combinación deporte e turismo coa celabración da terceira edición de O Camiño acaba en Obradoiro, proxecto que conta co apoio de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña e que, nesta ocasión, terá como protagonista ao lendario xogador grego Nikos Galis. Galis realizará o cinco últimas etapas do Camiño Inglés con dous obxectivos: o primeiro promocionar esta ruta xacobea e o segundo solidario, axudando a Fundacións e/ou asociacións sen ánimo de lucro a conseguir recursos cos que financiar as súas actividades.
Nikos Galis, despois de anotar máis de 25.000 puntos en máis de 850 partidos, agora enfróntase a outro reto moi distinto unha iniciativa que se encuendra na promoción internacional de Galicia e do Camiño de Santiago, “que é o principal recurso turístico e cultural e está en auxe?, segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que tamén participará nunha das etapas do camiño.
O Camiño acaba en Obradoiro toma a súa saída nesta edición en Ferrol, e a chegada será o xoves 25 de maio, Día da Ascensión. A iniciativa conta co apoio de empresas como Obra Social “A Caixa” e Correos, a través do seu programa “O Camiño con Correos” e nela tamén está implicada a Fundación Heracles, que na súa actividade formativa nas categorias inferiores teñen como obxectivo inculcar valores como o compromiso, o respecto e o esforzo. . Con esta xa son tres as edicións, tantas como se celebrou, nas que a Obra Social “A Caixa” implicouse nunha iniciativa que comezou con Terry Porter, continuou con Juan Antonio Corbalán e este ano vén consolidarse con Nikos Galis.