Ten a tarefa de regular a Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia

Organizar e regular as localizacións da Ruta da Camelia de Galicia, así como os produtos turísticos asociados, é o obxectivo do Comité Camelia Galicia, que hoxe se reuniu por primeira vez no Pazo de Rubiáns. Galicia alberga 8.000 variedades de camelia, unha flor que chegou á nosa Comunidade no século XVIII dende países como China ou Xapón. Comezou a cultivarse nos xardíns de pazos e casas señoriais e pouco a pouco converteuse en protagonista de parques e granxas públicas. Galicia é o principal punto de cultivo da camelia en Europa.

A súa asociación coa arquitectura de pazos e xardíns públicos, a súa floración temperá e a rareza de moitas das variedades fixeron da camelia un recurso turístico de primeira orde. Esa é a razón pola que a Xunta de Galicia estableceu en maio de 2020 a xestión da Ruta dos Xardíns da Camelia e creou o Comité Camelia Galicia.

O Comité está composto por 15 persoas e está presidido polo vicepresidente primeiro da Xunta, como conselleiro de Turismo. Entre os membros están, ademais do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, representantes de administracións, como as deputacións de Pontevedra e A Coruña e de entidades internacionais, como os Xardíns de Excelencia da International Camelia Society.

Actualmente, a ruta da Camelia regulada por este Comité está composta polo castelo de Soutomaior, o Pazo de Rubiáns, o Pazo de Oca, o Pazo de Lourizán, o Pazo de Mariñán, a Alameda de Santiago, o Pazo de Santa Cruz, o de Museo de Rosalía de Castro , o Pazo Quinteiro da Cruz, o Parque do Castro de Vigo e o Pazo Museo Quiñones de León. A reunión de hoxe recibiu a solicitude de entrada á ruta do Pazo de Pegullal, de Salceda de Caselas.

23 de Abril de 2021

O Comité Camelia Galicia reúnese por primeira vez no Pazo de Rubiáns

Ten a tarefa de regular a Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia Organizar e regular as localizacións da Ruta da Camelia de Galicia, así como […]
03 de Marzo de 2017

A Camelia camiño da profesionalización como produto turístico

Baixo a máxima de que a camelia é un recurso diferenciador único e que a enorme riqueza e expansión desta flor en Galicia converteuna nun valor […]
24 de Febreiro de 2017

A camelia celebrará en marzo a súa I Xornada Internacional

O Pazo Quinteiro da Cruz acolle os días 25 e 26 de marzo o I Xornada Internacional da Camelia, unha iniciativa que, baixo a lema “Ven […]
11 de Marzo de 2015

Madrid se viste de Vino y Camelias hasta abril

Las tiendas especializadas Lavinia acogieron esta semana la presentación de la campaña promocional Vino y Camelias, una iniciativa que combina dos grandes atractivos turísticos gallegos: la […]