Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida volve estar dotada con 90.000 euros

Turismo de Galicia anunciou a convocatoria da liña de subvencións anual para o impulso, promoción e apoio ás iniciativas de calidade necesarias para cumprir os esixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para a obtención ou renovación da Q de Calidade Turística, dotados cun prespuesto de 90.000 euros para este ano.

Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación como os custos de auditorías externas realizados por entidades auditoras acreditadas polo ICTE ou custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2016, unha vez conseguida a certificación ou renovación do establecemento.

As subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva sendo os criterios de valoración: a localización do establecemento, valorándose positivamente que estea situado nun municipio declarado de interese turístico ou nun municipio que desfruta ou desfrutou dun plan de dinamización, excelencia, de produto turístico, competitividade ou SICTED; o período de funcionamento do establecemento e o compromiso do establecemento coa calidade, coa sustentabilidade e/ou coa xestión da accesibilidade.

En 2015, un total de 170 negocios e centros de hostalaría, restauración e lecer do territorio galego obtiveron estas axudas da Administración Turística galega para a obtención ou mantemento da certificación Q de Calidade Turística.

Consulta as bases da convocatoria

06 de Abril de 2016

Aberta a convocatoria anual de axudas para a consecución ou renovación da Q de Calidade

Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida volve estar dotada con 90.000 euros Turismo de Galicia anunciou a convocatoria da liña de subvencións anual para […]
06 de Abril de 2016

Nova liña de axudas para a creación de iniciativas turísticas conxuntas que dinamicen o rural galego

Baixo a premisa de impulsar a posta en marcha de proxectos que poña en valor e axuden a dinamizar turísticamente o rural galego, Turismo de Galicia […]
26 de Febreiro de 2016

Turismo de Galicia destina 300.000 euros para as Festas de Interese Turístico de Galicia

Co obxectivo de seguir apostando e promovendo as Festas de Interese Turístico de Galicia, Turismo de Galicia acaba de aprobar unha liña de axudas por un […]
12 de Xaneiro de 2016

O Igape licita axudas de diversa índole para os establecementos turísticos

O IGAPE ven de por en marcha diferentes liñas de subvención para establecementos turísticos que se poden agrupar en tres categorías fundamentales: aquelas dirixidas a proxectos […]