Núñez Feijóo adiantou este balance no Consello da Xunta no que anunciou a posta en marcha da comisión organizadora do Xacobeo 2021

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, adiantou un primeiro balance turístico do 2017 tras o Consello Executivo no que anunciou a posta en marcha da comisión que se encargará da organización do Xacobeo 2021. Segundo apuntou o presidente do Executivo autonómico, atendendo aos datos do acumulado de xaneiro-novembro de 2017 e tendo en conta a previsión de crecemento sostido que se veu experimentando ata agora, de en torno ao 3%, Galicia superaría os 5 millóns de visitantes en 2017, unha cifra nunca antes alcadada.
Pero máis aló desta cifra, Feijóo destacou que o crecemento do sector turístico experimentouse noutros aspectos, como o número de pasas a noite, que previsiblemente superarán os 10,6 millóns, a estancia media, que se incrementa ao redor de dous puntos, a ocupación, que crece máis de 7 puntos e a rendibilidade do sector hoteleiro, que sobe ao redor do dez puntos.
Son cifras que consolidan a liña ascendente que o turismo vén experimentando no últimos cinco anos e que permitiu incrementar a ocupación especialmente o sector hoteleiro, dos apartamentos turístico e do turismo rural. Entre os datos positivos, Feijóo destacou, do mesmo xeito que o sector turístico no seu conxunto, a importancia de conseguir crecer en tempada media e baixa, trabjanado para consolidar a Galicia como destino atractivo fóra de tempada alta.
Ademais, melloráronse resultados no turismo estranxeiro, que seguiu crecendo nos últimos anos ata supor case o 30% do total de viaxeiros que recibe Galicia.
Feijóo lembrou, ademais que o Camiño de Santiago experimentou en todo 2017 un crecemento dun 8,3% en relación ao 2016, superando, por vez primeira vez, os 300.000 peregrinos. O número de cruceristas que chegaron a Galicia roldou os 340.000, o que supón un incremento de máis do 12% en relación ao mesmo período de 2016; e cómputo global de pasaxeiros nos aeroportos incrementouse un 6,8% ata o mes de novembro, rexistrando preto de 4,5 millóns no conxunto da comunidade, cun crecemento xeneralizado no tres aeroportos.
En relación ao turismo nacional, a Comunidade galega é a oitava en canto a número de viaxeiros e de pernoitas, situándose á cabeza das autonomías da cornixa cantábrica, agrupadas baixo a marca España Verde, por diante de Asturias, Cantabria e do País Vasco.
Feijóo concluíu facendo fincapé en que as cifras demostran a progresiva consecución dos obxectivos da Estratexia do turismo 2020, “porque estamos no camiño de que se siga incrementando a afluencia turística, de que os turistas veñan durante todo o ano, de ter cada vez máis demanda internacional e de que queden máis tempo e gasten máis”.

15 de Xaneiro de 2018

A Xunta avanza que Galicia superará a cifra dos 5 millóns de viaxeiros en 2017

Núñez Feijóo adiantou este balance no Consello da Xunta no que anunciou a posta en marcha da comisión organizadora do Xacobeo 2021 O presidente da Xunta […]