Publicada a normativa sobre o uso dos distintivos de identificación dos VTC, que serán obrigatorios a partires de maio

Publicada a normativa sobre o uso dos distintivos de identificación dos VTC, que serán obrigatorios a partires de maio

A regulación da Xunta ten como obxectivo evitar prácticas fraudulentas e competencia desleal entre o sector do taxi e dos vehículos VTC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a orde pola que se regulan os distintivos de identificación dos vehículos dedicados á actividade de arrendamento de vehículos con condutor/a ( VTC) cuxa autorización se atope domiciliada en Galicia e que será obrigatorio desde maio en todos os vehículos VTC con títulos habilitantes domiciliados en Galicia no prazo de dous meses desde a entrada en vigor desta orde.

A Xunta dá así un paso máis no cumprimento da Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica dos sectores do taxi e dos vehículos VTC, co obxectivo de velar pola calidade do servizo que reciben os usuarios e evitar prácticas fraudulentas, así como a competencia desleal entre os dous colectivos.

Neste sentido, os vehículos VTC portarán un distintivo que consistirá nun autoadhesivo tanto na parte dianteira como na traseira. A numeración e ano que figuran no distintivo da dianteira fai referencia ao mes e ao exercicio nos que o titular deberá proceder ao próximo visado do título administrativo habilitante.

Os distintivos deberán colocarse na parte superior dereita da lúa dianteira e na parte inferior esquerda da lúa traseira do vehículo, respectivamente, de forma que resulten visibles desde o exterior sen interferir, en ningún caso, a visibilidade do condutor.

Estas identificacións serán emitidas xunto co otorgamiento de novas autorizacións VTC, substitución de vehículos, ou visado periódico, logo do pago da taxa correspondente, cuxo xustificante deberá presentarse a través dos formularios na da Sede electrónica da Xunta ou da aplicación “SitranGestión”.