Proturga traslada un informe de perspectivas, consecuencias e necesidades do sector turístico galega fronte o COVID 19

Proturga traslada un informe de perspectivas, consecuencias e necesidades do sector turístico galega fronte o COVID 19

O informe, elaborado a partir de 170 enquisas recibidas recolle a perspección do sector ante esta situación inédita e recomenda apostar por reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro

Axudas económicas e fiscais, protocolos de seguridade, investimento en planificación e continxencia, loita contra a ilegalidade e o intrusismo, incremento da calidade e distintivos de ?destino seguro? son algunhas das demandas do sector que recolle o informe elaborado por Proturga a partir das 170 enquisas recollidas entre os diferentes profesionais do sector turístico galego. Todos eles, aloxamentos, restaurantes, guías turísticos, empresas de turismo activo, actividades complementarias e consultorías de turismo ademais de profesionais por conta allea, transmitiron as súas necesidades a PROTURGA, a través dunha enquisa transversal relativa á crise do Covid-19.

O documento, que xa foi remitido tanto ao Clúster Turismo de Galicia como á diferentes administración competentes en materia turística, recolle tamén os principais temores do sector, entre os que destaca como afrontar os gastos inmediatos e o que se produza unha situación de medo ao contaxio nos mercados actuais e potenciais durante o ano 2020. A medio prazo, os receos pasan porque haxa unha perda de interese no destino Galicia.

Finalmente o documento apela á unión do sector, entendendo que, neste momento, toda a cadea de valor do turismo é máis forte actuando en conxunto, todos e cada un dos subsectores potenciará a reactivación.

Promoción de Galicia como destino turístico a través dos seus profesionais.
Durante esta crise do coronavirus, PROTURGA puxo en marcha unha nova liña dirixida a facerlle fronte. Ademais desta actuación de analizar as necesidades do sector, tamén está a executar unha campaña de sensibilización e promoción do turismo interno para o momento en que se restaure a mobilidade. Os hastags #EuCambioDeData #EuApoioOTurismoGalego e #EuViaxoPorGalicia son os slogans que acompañan dita campaña, para promover que, unha vez que pase esta etapa de confinamento a xente viaxe por Galicia e tamén para que aqueles que tiñan reservas para esta época, aprácenas para outros momentos en lugar de cancelalas.

Descarga o informe

ACTUALIDADE
15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO VINCULADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO DENOMINADO UN DESCANSO NOS CAMIÑOS", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

27-5-2021

Elixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por cento

24-5-2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia