Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica “E para comer, Lugo”

Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica “E para comer, Lugo”

A Feira Internacional de Turismo de Madrid foi o escenario elixido unha vez máis pola Apehl para o lanzamento dunha nova guía da colección “E para comer, Lugo”, unha das iniciativas crave da Asociación para a promoción da provincia no seu conxunto como destino turístico e gastronómico. A novidade desta edición é que presenta en diversos soportes os diferentes recunchos da provincia.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, foi o encargado de presentar no novo volume da colección E para comer…. Lugo, esta vez baixo o título “Lugo, moito por descubrir”, que supón o 13ª na colección de guías. O obxectivo do novo volume é o de transportar ao lector aos lugares con máis encanto da provincia. A idea responde a un álbum de viaxe a través do cal se comparten os mellores recordos, sensacións e imaxes a través dos que coñecer a natureza, o patrimonio, a cultura e a gastronomía de todos e cada un dos concellos lucenses.